desequilibrio

desequilibrio

(

  1. s m

    Estado de desequilibrado.

    Ex: A subida dos prezos provocou un desequilibrio nas economías familiares.

  2. s m [ECON]

    Situación dun sistema no que as súas magnitudes económicas non se compensaron mutuamente e hai unha tendencia á alteración das variables endóxenas ao sistema. A situación de desequilibrio pode desencadear as forzas que levan ao sistema cara a unha nova situación de equilibrio ou poden acentuar as forzas contraditorias que, de non se compensaren, perpetuarán o desequilibrio.

  3. desequilibrio psíquico [PSIC/PAT]

    Insuficiencia da capacidade de adaptación social, non vinculada a trastornos delirantes ou demenciais, que provoca no enfermo comportamentos sorprendentes e, a miúdo, incoherentes.