"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

    1. Imposto indirecto castelán, vixente desde 1590, que consistía nun recargo sobre os prezos dos produtos alimentarios básicos pagados polos consumidores. Mantívose ata a reforma tributaria de Alejandro Mon (1845). Na súa orixe recibiu o nome de servicio de millones.

    2. Comisión permanente das cortes castelás creada ao final do s XVI para recadar o novo imposto por millóns de ducados, integrada por membros das cortes. Foi considerada a continuadora do Reino de Castela ao ser suprimida en 1694. Permaneceu vixente ata 1834.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das millóns de partes iguais en que se divide un todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa por orde o lugar número un millón nunha serie.

    2. Que corresponde a cada unha das millóns de partes iguais en que se divide unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é superior con respecto a outro.

    2. Que ou quen é o máis bo de todos.

    3. Que é preferible.

    4. De maneira máis boa ou superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Administrativa e escritora. Foi profesora de Seguridade Social na Escola Universitaria de Graduados Sociais de Ferrol. Ocupou numerosos cargos, como o de presidenta da Asociación de Graduados Sociales de Ferrol. Das súas obras destacan Los riesgos profesionales en las faenas de pesca e Riesgos profesionales a bordo de los buques de pesca: sus consecuencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chanta situada no Porto de Bois, Vilapedre (Vilalba). Pertenceu á desaparecida mámoa do Rairo e presenta un relevo cheo de coviñas para acoller a auga, probablemente con fins curativos, protectores e fecundantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ocupa o lugar mil millóns nunha serie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Comezou realizando debuxos a lapis, augadas e acuarelas, retratos e algunha paisaxe. En 1923 obtivo unha bolsa da Deputación de Lugo polo Retrato de Cascarilla e trasladouse á Escuela de Bellas Artes de San Fernando (Madrid). En 1934 participou na Exposición Nacional de Bellas Artes onde obtivo unha terceira medalla por Xesús con Marta e María. Regresou a Galicia co estoupido da Guerra Civil Española e en 1939 comezou A miña familia. Na Exposición Nacional de 1941 presentou A virxe do aire e A escola de Doloriñas, pola que recibiu unha primeira medalla e que se expuso ao ano seguinte na Bienal de Venecia e en Berlín. Realizou a súa primeira exposición individual no Círculo de Bellas Artes de Madrid en 1945 en que presentou paisaxes rurais, urbanas, sobre todo de Lugo, e mariñeiras, como A casa de Leboreiro (1942), Sucos, Outono no parque e Primavera no patio. En 1948 recibiu o I Premio do Círculo de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Investigou no campo da química física superficial, aplicada ao estudo do desenvolvemento da silicose, e tamén sobre a compatibilidade de determinados medicamentos con substancias empregadas para o seu transporte polo organismo. Publicou Apuntes de óptica geométrica (1977) e Manual de técnicas instrumentales (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Peroxa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gospodar de Valaquia (1386-1418), fillo de Radu I. Estivo en loita constante contra os turcos e perdeu parte da súa independencia cando Mehmet I ocupou a Dobruxa e o someteu a tributos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Ingresou (1930) no Partido Comunista de España, e ao estoupar a Guerra Civil Española (1936) mandou, sucesivamente, o V Rexemento, a XVIII Brigada Mixta, a IV División, a Agrupación de Vallecas e o V Corpo do Exército. Ascendeu a tenente coronel de milicias (1938) e comandou a Agrupación Autónoma, máis tarde Exército do Ebro, á fronte da que librou a Batalla do Ebro e conseguiu o grao de coronel. Ao finalizar a guerra emigrou a URSS.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. canzorro.

    2. Canzorro que leva na zona curva unha peza cilíndrica ou rolo que adoita estar decorada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da literatura. Catedrático de Lingua e Literatura catalanas na Universitat Autònoma de Barcelona   (1971-1982), e desde 1982 na Universitat de Barcelona, seguiu unha metodoloxía de tipo marxista nos seus traballos, tal e como se reflicte en Poesia catalá del segle XX (1963), en colaboración con Josep M. Castellet. Escribiu tamén Literatura catalá d avantguarda, 1916-1983 (1983) e Obra crítica I (1995, Premi Lletra d Or). Recibiu o Premi d Honor de les Lletres Catalanes (1998) polo seu labor como crítico da literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condimento líquido máis ou menos espeso, elaborado con aceite e outras substancias en que se preparan certas comidas e que se emprega para acompañalas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feixe de herba, ramallada ou cereais atados que se leva dunha vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, delimitado ao L por Murcia (2.213 h [2001]). A economía baséase na agricultura de regadío e nas industrias derivadas. Dentro do termo destaca o santuario ibérico de Cerro de los Santos e o acueduto, declarado Ben de Interese Cultural en 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO