"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Filósofo e teólogo. Doutor en Filosofía e Letras e licenciado en Teoloxía Católica, é profesor na Universidade de Santiago de Compostela. A súa liña de investigación baséase nos imaxinarios sociais e na teoría construtivista de Niklas Luhmann baixo dúas liñas de aplicación empírica resumidas no traballo, no emprego e na formación e o novo sector de produción de realidade: os medios masivos. Colaborou en publicacións especializadas e escribiu El compromiso de la acción (1967), El ateísmo del último Sartre (1968) e Las fronteras de los saberes (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. Iniciou a súa formación con Eduardo Rojas e con Carlos Sobrino Buhigas e Castelao, quen estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1923-1926), e en 1924 ilustrou Seara, o poemario de Herminia Fariña, empregando o procedemento da xilografía, ao igual que a novela Os Nenos (1925), de X. Filgueira Valverde. Nas súas ilustracións para os xornais Galicia. Diario de Vigo e Faro de Vigo empregou unha nova técnica: a linoleografía, iniciada por Castelao. Desde 1926 foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e formouse durante tres na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Inscribiuse no ámbito da pintura paisaxística de tradición romántica (Mariña 1928; Luz de lúa e efecto de sol, 1929; Trebón, 1931), onde plasmou as que se ían converter en características esenciais da súa obra, como a preocupación polos efectos lumínicos e atmosféricos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e poeta. Pertencente ao grupo dos Precursores e incluído na primeira xeración provincialista, foi unha das figuras máis destacadas da literatura galega na súa época. Na Coruña iniciou os estudos de humanidades no convento dos Dominicanos e, posteriormente, aprendeu filosofía, solfexo e violín en Santiago de Compostela (1825). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1829-1835), impartiu clases de institucións canónicas durante un ano. A partir de 1837 exerceu como avogado na Coruña, ata que en 1840 pasou a ocupar o posto de xuíz de primeira instancia en Cambados. Despois de cesar no posto (1844), foi avogado e fiscal en Pontevedra, ata que en 1862 ocupou a praza de rexistrador da propiedade en Vigo. Durante todos estes anos, sobre todo durante a súa estadía en Pontevedra, colaborou en diversos medios de comunicación, como os xornais El País e La Perseverancia, e no suplemento Álbum de El Miño, ademais de incluír algunhas poesías...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Comezou na fotografía da man de Francisco Zagala para logo abrir o seu propio estudo en Pontevedra (1899). Correspondente de revistas gráficas e xornais como Vida Gallega e da axencia Cifra, foi un solicitado e prolífico retratista que tamén elaborou reportaxes fotográficas, en que destacou o seu dominio das técnicas fotográficas. Obtivo a medalla de ouro no I Salón Internacional de la Fotografía, celebrado en Madrid (1921), a medalla única da Exposición Regional da Coruña (1922), o Primeiro Premio na Rexional de Pontevedra (1926), o Premio do Ministerio de Agricultura (1956), o diploma da Agrupación Fotográfica Gallega (1962) e o diploma de honra e medalla ao mérito fotográfico da Junta Nacional de Produción Fotográfica (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de pinzar.

    2. Compresión de calquera órgano ou parte entre dúas superficies, como por exemplo un pinzamento articular ou un pinzamento de seo costodiafragmático pleural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cavidade cística en que se atopa pus.

    2. Proceso polo que se acumula pus na vexiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Leucocito dexenerado que interveu nun proceso supurativo.

    2. Corpúsculo ou célula de pus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación de pus e aire na cavidade pleural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Pradoalbar e Chaguazoso (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.537 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión montañosa, situada ao N do Sistema Ibérico, entre a provincia de Soria e La Rioja. Acada os 1.709 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi secretario civil de Amadeo I de España e gobernador de diversas provincias. Da súa obra destaca Historia de la guerra y de los partidos liberal y carlista, aumentada por la regencia de Espartero (1868), e unha Historia contemporánea (1890-1895), que abrangue o período de 1843 a 1885.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pirenomicetos.

    2. Fungo do grupo dos pirenomicetos.

    3.  

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Utilización terapéutica da febre, que se provoca artificialmente por medio da inxección de axentes piretóxenos diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce febre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • piritífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha formada por acumulación e consolidación de material piroclástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta con características pirófilas.

    VER O DETALLE DO TERMO