"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode cuantificar.
-
-
Acción de cuantificar.
-
Operación que consiste en darlles valores discretos ás magnitudes físicas dun sistema descrito pola mecánica cuántica.
-
Modo de indicar expresamente, nunha proposición lóxica, a qué parte da extensión do suxeito se lle atribúe o predicado. W. Hamilton introduciu a cuantificación do predicado, que consiste en atribuírlle ao predicado de certas proposicións afirmativas, que en lóxica clásica son sempre particulares, unha extensión universal (algúns animais son [todos eles] homes) e unha extensión particular a certas proposicións negativas, que tamén no eido clásico son universais (o home non é [certo] animal).
-
Expresión de cantidade.
-
-
-
de cuantificar.
-
Aplícase á magnitude que varía de maneira descontinua ou discreta por cuantos.
-
-
-
Que expresa cantidade.
-
Calquera dos símbolos que, na escritura formal, preceden ás funcións proposicionais. Os máis coñecidos son: "x, que é o cuantificador universal e significa ‘para todo x’, e $x, que é o cuantificador existencial e significa ‘existe x’. Deste xeito, unha frase como “existe un home que é odiado por todos os homes” poderíase formalizar por $x/"y (x é odiado por y).
-
Clase dos presentadores do substantivo que o presentan e o determinan, e delimitan, ao mesmo tempo, a súa extensión cuantitativa. Distínguense dous tipos de cuantificadores: os definidos, que indican unha cuantificación exacta e precisa (cinco, nove, etc) e supoñen unha manifestación subxectiva da realidade cuantitativa obxectiva; e os indefinidos, que expresan unha cuantificación apreciativa (algún, moito, abondo, etc) relativa á subxectividade do falante quen, ao manifestar esa cantidade, intenta obxectivar a súa visión subxectiva.
-
-
-
Determinar a cantidade dalgunha cousa.
-
Aplicar unha cuantificación.
-
Determinar a cantidade lóxica dunha proposición.
-
-
-
alor x no que unha función de distribución de probabilidade F continua e estritamente crecente toma un valor dado p; é, xa que logo, a solución da ecuación F(x)=p. Para cada valor de p entre 0 e 1 existe un cuantil que se chama de orde p. O cuantil de orde 1/2 é a mediana.
-
ariable aleatoria Y[np]+1, onde [np] é o enteiro máis próximo menor do real np (é dicir, é a parte enteira de np) nunha mostra ordenada de tamaño n: (Y 1 , Y 2 , …, Y n ).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é moi numeroso ou en gran cantidade.
-
-
Relativo ou pertencente á cantidade.
-
Aplícase aos termos (adxectivo, pronome, determinante ou adverbio) que expresan cantidade (bastante, pouco, moito, catro, etc).
-
Tipo de análise química que se centra no estudio da materia en canto á cantidade, en volume ou peso, dos seus compoñentes.
-
Teoría monetaria que explica o nivel de prezos en función da cantidade de diñeiro en circulación. Azpilicueta e Bodin enunciaron a existencia dunha relación cuantitativa entre os prezos de diferentes bens, principio que Petty; Locke e Cantillon reformularon, introducindo os elementos básicos cos que Fisher elaborou o seu enumerado definitivo.
-
-
-
Cantidade elemental coa que varía unha magnitude física cuantificada, como a enerxía e o momento angular, entre outras. O termo converteuse en obsoleto posto que, unha vez aclarado que os observables físicos (magnitudes físicas medibles) están representados na mecánica cuántica por operadores dun espazo de Hilbert, un cuanto non é máis que o incremento que hai entre dous valores propios, ou autovalores, do operador que representa o observable.
-
Teoría de Planck.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos obxectos descritos especificamente pola mecánica cuántica. Son cuantóns as partículas “de materia”, como os electróns, e as partículas “de enerxía”, como os fotóns. Poden ser basicamente de dous tipos: fermións ou bosóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade constitutiva, no cloroplasto, da membrana dos tilacoides. É o sitio onde se localizan os dous fotosistemas da fotosíntese.
-
RIOS
Río de África que nace no altiplano de Bié, en Angola. Despois dun percorrido de 100 km, cunha dirección SL-NO, desemboca no Océano Atlántico, ao S de Luanda. O seu réxime é pluvial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Angola (24.190 km2; 440.000 h [1996]). A capital é Ndalatando (7.342 h [1970]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Angola (55.660 km2; 710.000 h [1996]). A capital é Sumbe (7.911 h [1970]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á febre palúdica producida polo protozoo da especie Plasmodium malariae, na que os accesos febrís aparecen o cuarto día e están separados por dous días de apirexia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao cristián que seguía o costume xudeu de celebrar a Pascua dunha maneira fixa o catorce de Nisán e non o domingo seguinte, de acordo co uso cristián universal. San Policarpo de Esmirna defendeu este uso en Roma perante o Papa Aniceto (154-165). Posteriormente os cuartodecimanos convertéronse en comunidade separada, que permaneceu activa ata o s V.
-
PERSOEIRO
Debuxante e ilustrador. Fundou diversos cómics, como A gran cutrada e Cadernos cutres. Ademais, participou en diversas publicacións do grupo ecoloxista Arroaz e da Federación de Asociacións Culturais Galegas. As súas creacións tamén aparecen en revistas e boletíns, como Agália, A Barcarola, Morrerás esganado, Lixo e O gharabato do rato. En 1994 conseguiu o Premio Curuxa do Humor, organizado polo Museo do Humor de Fene, e, ao ano seguinte, o I Premio de Cómic de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da África austral. Nace no altiplano de Bié, Angola, e o seu curso adopta unha dirección NO-SL. Desemboca en Botswana, na conca endorreica do Okavango, logo dun percorrido duns 1.300 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro dobre de cobre e de ferro, de fórmula SuFe2S3. Cristaliza no sistema rómbico, xeralmente en cristais pequenos e laminares incluídos en calcopirita. Ten dureza 3,5 e peso específico 4,03-4,18.
-
-
Relativo ou pertencente a Cuba ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cuba.
-
Arte desenvolvida polo pobo cubano. As primeiras manifestacións artísticas cubanas pertencen aos siboney, descoñecedores da cerámica pero que traballaron coa pedra. Consérvanse xacementos da época taina, de planta rectangular, que puideron ter un carácter cerimonial e onde se localizaron obxectos cerámicos, gravados rupestres e pequenas figuriñas que representan o espírito dos antepasados ou a natureza. As manifestacións do grupo subtaino son máis sinxelas e non se acharon gravados rupestres. Trala conquista española desenvolveuse unha arquitectura de carácter militar e defensivo. En La Habana, despois da construción do castelo da Real Fuerza (1568-1589), o italiano Antonelli realizou os planos das dúas defensas da cidade: o castelo do Moro ou dos Tres Reyes e a fortaleza de San Salvador de la Punta (1589), situados a ambos os dous lados da baía. A partir do s XVII desenvolveuse a arquitectura mudéxar. No s XVIII erixiuse a fortaleza de San Carlos de la Cabaña. Tralo dominio británico e...
-
Arte cinematográfica desenvolvida en Cuba. As primeiras imaxes chegaron á illa da man de Gabriel Veyre no ano 1897 (Simulacro ou extinción dun incendio). A partir dese momento comezaron a producirse unha serie de documentais e reportaxes, como El parque de Palatino (1906), Un turista en La Habana (1907) e El epílogo del “Maine” (1912). O creador do cine cubano foi Enrique Díaz Quesada co filme La Zafra o Sangre y azúcar (1919). Coa chegada do cine sonoro, a industria cinematográfica entrou nunha profunda crise de produción e de calidade artística que non superou ata 1959, cando o novo réxime nacionalizou esta industria e creou o Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográfica (ICAIC). Baixo a tutela desta entidade xurdiu unha interesante escola de curtametraxes e documentais. Tamén comezou a produción de longametraxes, entre as que sobresaen Historia de la Revolución (1960), de T. Gutiérrez Alea; El joven rebelde (1961),...
-
Co primeiro diario impreso (El Papel Periódico, 1790), apareceu na illa un movemento literario con características propias, marcado pola vinculación á terra e un certo independentismo. Destacaron o crítico Domingo Delmonte, os poetas José María Heredia e Gabriel de la Concepción Valdés (1809-1844), coñecido como Plácido, e José Jacinto Milanés y Fuentes (1814-1863), autor de dramas históricos. En 1834 constituíuse a Academia Cubana de Literatura. Dentro da novela antiescravista sobresaíu Anselmo Suárez Romero (1818-1878), coa obra Francisco (1838); Cirilo Villaverde (1812-1894), autor de Cecilia Valdés (1839), e a poetisa Gertrudis Gómez de Avellaneda, autora da novela abolicionista Sab (1841). O gran mestre da conciencia cubana foi o poeta José Martí (1853-1895), ensaísta, orador, político, poeta e adaíl do movemento separatista que contribuíu á afirmación do movemento renovador modernista. O modernismo triunfou con Julián del Casal (1863-1893),...
-
A música cubana é un conglomerado de achegas de raíces españolas, por parte dos conquistadores que introducen a estrutura melódica e os instrumentos de corda pulsada, e africanas, da man dos escravos que conservaron os seus tambores e os cantos profanos e relixiosos e que dotaron a música de diferentes instrumentos de percusión e mais do ritmo. Co paso dos séculos, a este proceso de fusión engadíronselle outros elementos provenientes doutras culturas (francesa, italiana, haitiana, etc) que exerceron grande influencia na cultura cubana. Entre os ritmos musicais máis salientables destacan, entre outros, a habanera, a salsa, o danzón, o bolero, a rumba, a conga, o mambo, a guajira, o chachachá e o son. As primeiras composicións son, na súa maioría, de carácter relixioso e vogal influenciadas pola tradición musical europea; neste eido destacan as obras de Esteban de Salas e de Juan París. No s XIX apareceron os primeiros exemplos dunha música autóctona cubana, representada polas contradanzas....
-