cuanto
cuanto
(< lat quantum, n de quantus)
-
s
m
[FÍS]
Cantidade elemental coa que varía unha magnitude física cuantificada, como a enerxía e o momento angular, entre outras. O termo converteuse en obsoleto posto que, unha vez aclarado que os observables físicos (magnitudes físicas medibles) están representados na mecánica cuántica por operadores dun espazo de Hilbert, un cuanto non é máis que o incremento que hai entre dous valores propios, ou autovalores, do operador que representa o observable.
-
teoría dos cuantos
[FÍS]
Teoría de Planck.