"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Formouse en Madrid, Italia e Grecia. Entre as obras realizadas en Madrid destacan o colexio dos xesuítas de Chamartín, os conventos das Salesas e das Siervas de María e o proxecto da catedral de la Almudena, da que só rematou a cripta. En Bilbao construíu a Universidad de Deusto e o colexio e a capela do Sagrado Corazón, e en Salamanca o panteón do duque de Alba. Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Ribadeo construída entre os ss XVII e XVIII sobre un castro. Consta de tres naves e unha ábsida, a nave central cóbrese con bóveda de media lúa e as laterais e a ábsida con bóveda de aresta. Cómpre destacar que nas naves laterais a clave está descentrada. A cada lado da ábsida sitúanse dúas sancristías datadas, segundo as inscricións das portas, en 1795 a dereita e en 1782 a esquerda. No interior destacan dous retablos barrocos do s XVIII, un deles cunha imaxe de Cristo de brazos articulados. No exterior, cómpre salientar a fachada principal cun pórtico aberto con tres entradas e espadana dun só corpo con dous vans (1794). Nunha esquina sitúase unha torre cun reloxo de sol de 1795.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e ilustrador gráfico. Colaborou en diversos cómics, como El Patito Feo, editado en Ferrol entre 1982 e 1985, Fat City (1985), e El Cucú (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mantel ornamental que se coloca sobre o mantel normal.
-
-
-
Pao de lonxitude variable (vertical e fixo), untado con xabrón, graxa ou unha substancia similar, polo que teñen que rubir os que queiran conseguir un premio colocado na parte superior. Outra das variedades consiste en situar un pao horizontal apoiado en dous soportes polo que teñen que arrastrarse os participantes na proba. Debaixo do mesmo colócase palla, colchóns ou calquera material para amortecer as caídas.
-
Xogo ou espectáculo de rubir por este pao.
-
-
Xogos populares que se fan o último día de festa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
frei (Vitoria s XVI - Madrid?) Monxe cisterciense. Doutor en Teoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, predicador xeral, e abade do Colegio de Alcalá de Henares. Foi nomeado por Filipe IV abade dos mosteiros de Iranzu, Fitero e La Oliva. Escribiu De traslatione episcoporum.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ourense. De estilo románico, construíuse no s XII. Consta dunha nave e dunha ábsida rectangular. O arco triunfal é apuntado. No interior destaca o coro realizado polos mestres Alonso Martínez e Cornelio Guillermo. Na fachada principal sobresae a portada formada por arquivoltas semicirculares que descansa en columnas acobadeladas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Técnico de imaxe. Os seus primeiros traballos cinematográficos en Super8 mm son de 1976. Durante un tempo colaborou, como axudante de cámara e operador, con C. A. López Piñeiro no Equipo Imaxe. Desenvolveu esta actividade frecuentemente en obras de cine e en traballos para a Televisión de Galicia, tanto en exteriores (cámara ENG) como en estudo (cámara EFP), con temáticas variadas e en documentais. Participou nos primeiros pasos de produtoras de vídeo, como Espello Vídeo Cine en 1982, na Coruña. En 1988 traballou para Televisión Española e para TVE-Balears como responsable de programas de ficción e de entretemento, e como xefe de emisións nesta última (1994-1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e bispo de León. Doutor en Teoloxía pola Universidad de Alcalá de Henares, foi catedrático de Teoloxía nesta universidade desde 1545 a 1557, ano no que foi nomeado bispo de León. En 1555 Carlos I encargoulle a redacción das primeiras constitucións da universidade compostelá co fin de darlle continuidade ao Estudio creado polo arcebispo Fonseca. En 1561 volveu ser reclamado por Carlos I para asistir como teólogo ao Concilio de Trento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor e director cinematográfico. Fundou, cara ao 1905, a produtora Hijos de Blas Cuesta. Rodou películas, como El tribunal de las Aguas (1905) e El ciego de la aldea (1907). Creou un arquivo de documentais sobre as principais figuras taurinas do seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Encargouse da primeira edición de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha (1605), que foi distribuída polo libreiro Francisco Robles. Foi rexente da imprenta de Pedro Madrigal en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de acontecementos políticos de mediados do s XIX que culminaron coa ocupación e supresión dos Estados Pontificios por Víctor Manuel II de Italia (1870). A Revolución de 1848 proclamou a República Romana (1849); sen embargo, restaurado o poder papal, Pío IX adoptou unha política reaccionaria, hostil á posibilidade de que a unificación italiana se producise baixo a Coroa de Savoia; isto fíxoo depender da protección de Napoleón III de Francia. O problema agravouse coa proclamación do Reino de Italia (1861). Ao retirarse as tropas francesas e caer Napoleón III (1870), os italianos tomaron Roma. Non obstante, ningún papa aceptou os feitos ata 1929, cando se asinaron os Pactos de Letrán.
-
PERSOEIRO
Escultor. Residiu en París onde entrou en contacto, entre outros, con Julio González, Henri Laurens e Lipchitz. Viaxou a España e relacionouse con Torres García. Foi membro do grupo estridentista que expoñía no Café de Nadie (1920) e do Cercle et Carré (1930). Nos anos trinta regresou a México. Entre as súas exposicións destacan a mostra do Grupo de Arte Construtivo de Madrid (1933) e a mostra inaugural Estudio 1037 (Montevideo, 1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Canteiro. A súa presenza en Pontevedra está documentada dende 1487, onde traballou na igrexa de Santa María a Maior (1517). En Santiago de Compostela participou nas obras do pavimento do Hospital Real (1510).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Valido de Enrique IV de Castela. Obtivo os títulos de conde de Ledesma (1462), mestre de Santiago (1464) e duque de Alburquerque (1464). Os rumores atribuíronlle unha relación coa Raíña Xoana de Portugal e a paternidade da infanta Xoana a Beltranexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. De orientación clasicista, foi o iniciador da peza dramática de asunto histórico nacional. Escribiu a obra de preceptiva dramática, Exemplar poético (1606), e diversas comedias e traxedias sobre temas clásicos (Ayax Telamón e La muerte de Virginia), nacionais (Tragedia de los siete infantes de Lara e Comedia de la muerte del rey don Sancho) e novelescos (El infamador e La constancia de Arcelina).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, drenado polo río Genil, no límite con Córdoba (4.079 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura, na que destacan os cultivos de cereais e hortalizas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, na desembocadura do río Almanzora (9.625 h [1996]). O termo municipal esténdese entre as serras de Almagro, ao NO, e de Almagrera, ao SL. A principal actividade económica é a agricultura, tanto de regadío (cereais e patacas) como de secaño (oliveiras). Ao NL da vila está o castro de Fuente Álamo, acrópole da cultura argárica datada entre o 2000 a C e o 1300 a C. Ademais, preto da desembocadura do Almanzora, localizáronse os xacementos prerromanos de Almizaraque e Villaricos. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o castelo do marqués de Los Vélez (s XVI) e a igrexa neoclásica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cezar’Antonovič K’ui.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Oza dos Ríos. Está documentada por unha doazón do s X realizada por dona Paterna ao mosteiro de Cis. Os trazos decorativos e estruturais permiten datar a súa construción nos primeiros anos do s XIII. O templo presenta unha nave e unha ábsida de planta semicircular precedida dun tramo recto cunha bóveda de canón apuntada. Na capela ábrense tres fiestras con arcos de medio punto abucinadas e, sobre elas, servíndolle de arranque á bóveda apuntada, sitúase unha imposta con molduras. O arco triunfal é apuntado e dobrado, e a rosca menor descansa sobre un par de semicolumnas pegadas, situadas sobre bases áticas decoradas con follas, motivos xeométricos e sogas. Os capiteis amosan distinta ornamentación: o do lado norte presenta dúas grandes follas sen nervios que rematan en volutas das que penden pomas; e o meridional é unha variante do capitel de entrelazo. Nos muros da nave consérvanse pinturas do s XVI de estilo hispanoflamenco. O beiril está sostido por canzorros...
VER O DETALLE DO TERMO