"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Consulta directa ao pobo dun estado ou territorio con personalidade política, para obter a ratificación dunha medida ou sobre a xestión dunha persoa. Comezouse a usar na Revolución Francesa e con posterioridade empregouse por parte dos réximes totalitarios. Diferénciase do referendo en que a consulta non se refire ao texto articulado dunha norma xurídica ou á súa aprobación, senón en relación coa adopción de decisións fundamentais sobre a estrutura ou forma do estado.

    2. otación da poboación dun territorio para a modificación de fronteiras interiores ou exteriores dun estado, ou o cambio de soberanía deste. Foi utilizado para legalizar anexións e para exercitar a autodeterminación nacional.

    3. Decisión de carácter lexislativo adoptada pola asemblea plebea romana, a proposición dun maxistrado plebeo e que, inicialmente só era obrigatoria para eles, aínda que cara á fin da República se fixo obrigatoria para todos os habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • tetraodontiforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos plectomicetos.

    2. Fungo da subclase dos plectomicetos.

    3. Subclase de fungos ascomicetos, constituída por micromicetos saprófitos ou parasitos de plantas, caracterizados pola presenza de ascos unitunicados, ascocarpos pechados e sen himenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de preitear.

    2. Litixio ou contenda entre dúas partes.

    3. Procedemento contencioso, civil ou criminal, entre dúas partes litigantes. Presentada a demanda, solicítase a tutela do tribunal fronte ao demandado. Despois de examinar as alegacións e as probas, e de facer un resumo oral ou escrito delas, o tribunal dita sentenza, contra a que se pode presentar recurso.

    4. Preitos presentados desde 1508 polos descendentes de Cristovo Colón á coroa castelá en que esixían a confirmación das concesións acordadas nas Capitulaciones de Santa Fe (1492) e outros privilexios acordados en 1492, 1493 e 1497. O preito principal desenvolveuse ata 1536, cando se lle concedeu a Luís Colón o título de almirante con carácter hereditario, entre outros privilexios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leucocito neutrófilo polinuclear cun núcleo hipersegmentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento de células, especialmente de linfocitos, no líquido cefalorraquídeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exceso de sangue ou doutros líquidos no corpo ou nunha parte del.

    2. Abundancia excesiva de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á plétora.

    2. Que ten abundancia de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión cirúrxica da pleura que se fai a través dun espazo intercostal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Posición que toma ás veces o corpo durante o tétano, ao quedar dobrado cara a un lado pola contractura dos músculos dun dos costados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade de organismos errantes que habitan na interfase auga-aire, de dimensións máis grandes ca os organismos do neuston, e representados por cormófitos flotantes, como os dos xéneros Lemna e Azolla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte inferior da base dunha columna de forma cadrada.

    2. Ábaco que coroa o capitel nas ordes dórica e toscana.

    3. Aparello que se emprega en exercicios ximnásticos de salto, coa parte superior acolchada, formado por varias seccións de madeira que, superpostas, permiten colocalo a diferentes alturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo, con categoría de período, proposto para comprender o Plioceno e o Plistoceno, co obxectivo de eludir as dificultades de establecer un límite entre as dúas épocas. OBS: Tamén se denomina Plio-Cuaternario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Plistoceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira serie ou época do Cuaternario, posterior ao Plioceno e anterior ao Holoceno. Caracterízase, principalmente, pola aparición do home -que constitúe un feito evolutivo-,   e pola existencia de diversas glaciacións, pois desde finais do Mioceno foise rexistrando un arrefriamento progresivo do clima mundial e unha serie de glaciacións. Así, propúxose un límite arbitrario: a invasión dunha flora e dunha fauna frías na base do Calabriano, e a base do acontecemento de Olduvai da escala paleomagnética, situada a -1,8 millóns de anos. Tamén se propuxo a creación dun Plio-Plistoceno, que eludise os problemas de definir un límite entre o Plioceno e o Plistoceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • plistocénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome xenérico das sales que conteñen os anións plumbato. Son coñecidos unicamente os correspondentes aos metais alcalinos. Os plumbatos (II) e (IV) teñen, respectivamente, as fórmulas xerais M 2 <H>I</H>PbO 2 e M 2 <H>I</H>PbO 3 , e os últimos cristalizan con tres moléculas de auga.

    2. Nome xenérico dos oxoanións complexos do chumbo que existen en solucións fortemente alcalinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anión plumbato (II) e os sales en que este intervén. OBS: É unha forma en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Comezou a destacar no mundo do teatro, sobre todo en Broadway a partir de 1954. Despois de protagonizar unha superprodución de Hamlet para a televisión británica debutou nas pantallas cinematográficas con Stage Truck (1958). Da súa filmografía cómpre salientar The Fall of the Roman Empire (1964), Waterloo (1970), The Return of the Pink Panther (1975), A Beatiful Mind (2001) e Alexander (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO