plebiscito

plebiscito

(< lat plebiscītu)

  1. s m [DER/POLÍT]

    Consulta directa ao pobo dun estado ou territorio con personalidade política, para obter a ratificación dunha medida ou sobre a xestión dunha persoa. Comezouse a usar na Revolución Francesa e con posterioridade empregouse por parte dos réximes totalitarios. Diferénciase do referendo en que a consulta non se refire ao texto articulado dunha norma xurídica ou á súa aprobación, senón en relación coa adopción de decisións fundamentais sobre a estrutura ou forma do estado.

  2. s m [DER]

    otación da poboación dun territorio para a modificación de fronteiras interiores ou exteriores dun estado, ou o cambio de soberanía deste. Foi utilizado para legalizar anexións e para exercitar a autodeterminación nacional.

  3. s m [DER/HIST]

    Decisión de carácter lexislativo adoptada pola asemblea plebea romana, a proposición dun maxistrado plebeo e que, inicialmente só era obrigatoria para eles, aínda que cara á fin da República se fixo obrigatoria para todos os habitantes.

Palabras veciñas

plebeo -a | plebiscitar | plebiscitario -ria | plebiscito | pleco- | plecóptero -ra | Plecotus