"AGR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 482.
-
PERSOEIRO
Nome co que se coñece o humanista frisón Roelof Huysman. Introdutor das ideas renacentistas en Alemaña, a súa actividade desenvolveuse no campo da teoloxía, a poesía, a música e a pintura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
eulitita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quen cultiva ou traballa a terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico mensual de tendencia conservadora nado en 1906 na localidade de Riotorto (Lugo). Desaparecerá en 1916. Fundado por Elías Santomé, o seu director, Saturnino Santomé, Manuel Mª García Castro, Venancio Gabín e Adolfo Rivas, estaba subtitulado como “Órgano de la Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto”. Foi impulsor e pioneiro do agrarismo na provincia, amais de órgano opositor ao alcalde do concello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal saído en xaneiro de 1917 en Vigo como “Órgano de la Federación Agrícola del partido judicial de Vigo”. A súa tendencia era agrarista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira cooperativa constituída para o cultivo, elaboración e comercialización de viño Albariño, situada en Sisán, concello de Ribadumia (Pontevedra). Foi fundada en 1975 por Daniel Casalderrey. A súa única e primeira etiqueta é Don Bardo, viño clásico da subcomarca do Salnés, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, elaborado exclusivamente con uva Albariño.
-
-
A agricultura consiste na produción de vexetais por medio do cultivo da terra co obxectivo de transformar o medio natural -a través da selección de vexetais que melloren a produción ou resistan a factores climáticos adversos, da escolla das especies máis aptas para o consumo humano ou da mellora ou creación de solos óptimos para o emprego agrícola- cunha clara finalidade de alimentar. Neste sentido, a definición de agricultura debe incluír, tamén, os desenvolvementos científicos e técnicos que o ser humano utiliza para obter produtos vexetais e animais da máxima calidade e do máximo rendemento posibles. Así mesmo, as operacións de mercado, os estudios sociais e a fabricación das máquinas e obtención dos materiais empregados nos campos, tamén son incluídos neste concepto. Os factores que condicionaron historicamente a agricultura foron diversos. Os condicionantes naturais ou ecolóxicos (clima, relevo, substrato rochoso, tipo de solo, etc) afectan tanto ás especies seleccionadas como ás técnicas...
-
Tipo de agricultura que ten á familia como unidade económica, non sendo a agricultura a principal actividade económica en canto a ingresos. A explotación agraria encóntrase preto da vivenda familiar, adoitando ser a muller e os fillos, os que lle dedican a maior parte do tempo. Como agricultura intensiva desenvolvida en reducidas explotacións, a ATP ten unha crecente importancia en boa parte dos países da Unión Europea. É unha actividade que permite aumentar os ingresos familiares debido a que supón un aforro, resultado de non mercar os produtos que se cultivan, significando isto ingresos directos resultantes da venda dos produtos que non consumen; non obstante, élle difícil a competencia coas producións obtidas nas explotacións especializadas das economías de grande escala. A ATP é un resultado máis do proceso de urbanización e cambio económico de Galicia, sendo crecente o seu desenvolvemento, sobre todo en espacios periurbanos. Un tipo de ATP é a denominada agricultura de ocio ou...
-
Práctica agrícola que pretende eliminar os fertilizantes químicos e todo tipo de pesticidas de síntese; non é contraria a outras técnicas de cultivo como o traballo mecanizado da terra, a fertilización orgánica (compost e fertilizantes ecolóxicos), a rotación de cultivos e explotación axeitada do solo. Persigue o equilibrio de nutrientes no solo co obxectivo aumentar a resistencia dos cultivos a enfermidades e pragas, así como para evitar dispendio de nutrientes minerais achegados artificialmente; pretendéndose así a obtención de producións agrícolas de maior calidade e elevado valor nutritivo e unha explotación máis racional dos recursos, evitando procesos de contaminación de auga e solo, mellorando a súa fertilidade e posibilitando un aforro considerable de enerxía. A súa aparición é consecuencia da alarma social perante o deterioro ambiental debido ao uso xeneralizado de herbicidas, insecticidas, funxicidas, etc; nun segundo momento, dende mediados da década de 1970, estivo fundamentalmente...
-
Agricultura de alta produtividade e elevada capitalización caracterizada fundamentalmente por destinar case a totalidade da súa produción á comercialización. Trátase dunha agricultura moi mecanizada, e por conseguinte con baixas inversións de traballo. Tanto o tamaño das parcelas como o seu explotamento intensivo ou extensivo, vai depender do cultivo e do subtipo de agricultura comercial da que se trate. Así no Xapón, Formosa e Malasia predomina a agricultura industrial especializada; agriculturas altamente intensivas a pequena escala son, entre outras, a de regadío do Xapón e Formosa e as plantacións frutícolas e hortícolas de Europa e de Iberoamérica; a agricultura practicada na Europa occidental e nos Dairy e Corn Belts dos EE UU caracterízase polo seu carácter mixto; as grandes explotacións hortícolas dos EE UU, Iberoamérica e Australia, as extensas terras de regadío dos EE UU ou as modernas plantacións de Iberoamérica, África, Asia meridional e Oceanía practican unha agricultura intensiva...
-
Asociación para a explotación agrícola constituída por unha serie de persoas que se reparten decisións e responsabilidades, ao mesmo tempo que achegan, total ou parcialmente, os elementos de produción (capital) á nacente comunidade. A agricultura cooperativa é unha posible vía de superación de estruturas tradicionais en zonas de pequena e mediana explotación, xa que abre camiños a unidades máis amplas, equipadas convenientemente e, polo tanto, altamente produtivas.
-
Tipo de agricultura a tempo parcial practicada en pequenas parcelas anexas ás vivendas, fundamentalmente nas periferias urbanas. Formula o traballo como distracción e lecer en momentos de ocio cidadán.
-
Sistema de agricultura extensiva que a pesar dunhas escasas precipitacións non precisa achega de auga por medios artificiais. Co obxectivo de manter a humidade do solo adóitanse frecuentes barbeitos, cultivo e tratamento da terra reiterado despois das chuvias e roturación en cruz.
-
Práctica agrícola que ten como finalidade non agredir o medio ambiente. Baséase no cultivo de variedades adaptadas ás condicións climáticas da zona, reducindo o uso de fertilizantes e de produtos fitosanitarios.
-
Agricultura que cobre máis dun 50% das necesidades de alimentación dunha familia que lle achega a totalidade do traballo e do capital. A agricultura é a parte máis importante da economía de subsistencia, que tamén inclúe a gandería. A agricultura de subsistencia é unha variedade do sistema agrario tradicional na que a meirande parte da produción sedestina ao autoconsumo, sendo nulo ou moi reducido o dedicado a intercambio comercial. Asociado polo xeral a pobos subdesenvolvidos, a súa produtividade é moi baixa debido ao atraso técnico e o pouco optimizado uso da forza de traballo.
-
Sistema de cultivo caracterizado polo predominio dos elementos naturais sobre o capital e o traballo. Os investimentos de traballo son moi reducidos, polo que a produción depende máis da capacidade do solo que da do home, tendendo a obter un beneficio económico derivado máis do baixo prezo do custo de explotación do que dun rendemento elevado. Os baixos inputs de traballo, a reducida mecanización e a escasa fertilización son determinantes na obtención dunha produtividade reducida, do que deriva a necesidade de explotacións de gran tamaño para se achegaren os seus rendementos aos dos sistemas intensivos. Este sistema de cultivo adoita desenvolverse en territorios con baixas densidades de poboación, nos que é pouca a presión demográfica sobre o solo, sendo propia de zonas de secaño e de grandes extensións de terreo, que admiten un elevado grao de mecanización. Presenta formas de agricultura completa ou incompleta, segundo sexan explotados ou non ao máximo os recursos e as forzas...
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en marzo de 1900 en Lugo e subtitulado “Órgano de la Cámara Agrícola de Lugo”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De sabor combinado agrio e doce.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, na illa de Sicilia, Italia (55.072 h [1996]). Centro comercial e industrial (cemento, mobles, fármacos). Fundada durante a primeira etapa da colonización grega en Occidente, contra o 580 a C, conserva templos dóricos como o de Zeus e de Heracles, o da Concordia e o dos Dioscuros. Roma conquistouna no 262 a C e posteriormente foi dominada por árabes (829) e normandos (1086).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da illa de Sicilia, Italia (3.042 km2; 473.229 h [1991]). A capital é Agrigento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pór grillóns a un preso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten por oficio medir as terras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da topografía que trata da determinación das superficies agrarias e das particións dos terreos. A actual técnica da agrimensura consiste en dividir o terreo en parcelas de área facilmente medible, cousa que se fai mediante triangulacións ou poligonacións. A medida das áreas faise por trigonometría e por planimetría. Actualmente, a aplicación da aerofotografía e dos sistemas de captura de datos vía satélite (GPS e SIX) representan unha gran vantaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba perenne, de 30 a 100 cm de altura, de follas pinnatisectas, con foliolos grandes, ovalados e serrados, e con foliolos pequenos intercalados, estípulas amplexicaules, de flores marelas, reunidas en acios longos, e de froitos aqueniformes cunha coroa de pequenas espiñas reviradas. Presente en bosques, sebes, camiños e prados de case toda Europa.
-
-
Tumor que se lles forma ás cabalerías na articulación situada na parte media da pata posterior.
-
agrón.
-
brizo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Danzas rituais en honor de Dióniso que ían acompañadas de cantos ditirámbicos interpretados por bacantes. A antiga traxedia grega bebe do seu dramatismo.
-
PERSOEIRO
Militar e político romano. Dirixiu a campaña contra Sexto Pompeio (segundo fillo de Pompeio o Grande) a quen derrotou en Sicilia (37-36 a C), unha expedición contra os ilirios (35-33 a C) e tomou parte na Batalla de Actium (31 a C). Defendeu a Galia (20-19 a C) das ameazas a que estaba a ser sometida polos xermanos e puxo fin ás guerras cántabras (19 a C). Agripa foi senador, tivo a potestade imperial concedida por Augusto (21 a C) e tribuno (18 a C); así mesmo, a súa influencia sobre Augusto, de quen era o principal conselleiro, estableceu un verdadeiro sistema de correxencia. Tanto Agripa coma os seus fillos Gaio e Lucio, adoptados por Augusto, morreron antes ca o Emperador. Os seus estudios xeográficos están contidos nos posteriores de Estrabón, Mela e Plinio; elaborou un inacabado mapa do mundo que mandou expor Augusto (12 a C) no pórtico de Agripa; ordenou a construción da primeira rede viaria da Galia, con centro en Lión; erixiu catro pórticos, as termas de Roma que levan...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coller a gripe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Agrippina, forma feminina de Agrippa. Nun principio, era un nome común que designaba os nenos que nacían en posición podálica, é dicir, botando primeiro os pés. A festa de santa Agripina, mártir en Roma baixo o Emperador Valeriano, celébrase o 23 de xuño.