Agripina
Agripina
[ONOM]
Antropónimo procedente do latín Agrippina, forma feminina de Agrippa. Nun principio, era un nome común que designaba os nenos que nacían en posición podálica, é dicir, botando primeiro os pés. A festa de santa Agripina, mártir en Roma baixo o Emperador Valeriano, celébrase o 23 de xuño.