"APT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 162.

  • Comunidade de organismos bentónicos fixos a un substrato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Globulina do plasma sanguíneo capaz de ligar a hemoglobina que circula libremente. Compróbase que aumenta nos procesos inflamatorios e que diminúe nas hemólises.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Morfose condicionada por excitacións táctiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resposta nástica provocada por un estímulo de contacto. Son correntes nas plantas insectívoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • BIOL Aplícase aos animais que collen o alimento coas patas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao haptotropismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tropismo onde o factor estimulante é o contacto cun corpo sólido. É característico dos gabiáns que, cando tocan un sólido, se achegan a el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico, fisiólogo e médico belga. Coñecido polos seus experimentos sobre o crecemento das plantas e porque foi o que propuxo formalmente a teoría da xeración espontánea. Descubriu a existencia de fluídos aéreos, que denominou gases, e identificou o dióxido de carbono. Experimentando con area e facéndoa reaccionar con álcali e posteriormente con ácido, demostrou que sempre se conservaba a masa e que en certas reaccións se libera gas, fundamentando a Lei da conservación da masa. Foi o primeiro en aplicar principios químicos nas súas investigacións sobre a dixestión e a nutrición para o estudo de disfuncións fisiolóxicas polo que se considera o pai da bioquímica. Postumamente foi publicado o seu libro de obras completas Ortus medicinae (1648).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inadaptable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é adaptable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación en que o individuo non se adapta ao propio ambiente (físico, social ou profesional), ben por falta de harmonía entre os diferentes elementos da súa personalidade ou por incapacidade para modificar a realidade segundo as propias necesidades. Adoita ir acompañada de trastornos afectivos e de conflitos ambientais, que poden producir problemas de conduta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen non se adapta a unhas determinadas circunstancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é apto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Decorou en Versailles o salón de Marte e a capela, e pintou a serie de catro teas para a igrexa de Saint-Martin-des-Champs de París e o Descendemento (1697).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo neerlandés. Traballou no observatorio de Leiden e foi profesor en Groningen. A elección de 252 puntos da esfera celeste que propuxo permitiu estudar a estrutura da Vía Láctea e catalogar unhas 300.000 estrelas. Introduciu o emprego dos campos estelares para o reconto de estrelas; considérase o creador da estatística estelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (Reims 30.4.1651 - Rouen 7.4.1719) Sacerdote e pedagogo francés. Despois de ser ordenado sacerdote en 1678, fundou a congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás. Ademais das constitucións da congregación de 1693, escribiu Les devoirs du chrétien (1703). O seu sistema pedagóxico, exposto en La conduite des écoles (1717), prescribiu unha pedagoxía racional e a adopción da lingua materna en lugar do latín. Foi canonizado en 1900 e proclamado patrón dos educadores en 1951. A súa festa celébrase o 7 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Predicador francés. Avogado, entrou no seminario e foi ordenado sacerdote en 1827. En 1830 fundou, xunto con Lamennais e Montalembert, o periódico L’Avenir, que foi condenado por Gregorio XVI en 1834. Someteuse e arredouse de Lamennais, co que polemizou. Obtivo o restablecemento da orde dos dominicos en Francia e, en 1840, pronunciou os votos. Entre 1850-1854 e 1858-1861 foi o superior da orde. Desde 1835 destacaron as súas conferencias en Notre-Dame de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Ártico, o máis extremo deste, situado no litoral de Rusia, entre a península de Tajmyr e as illas Severnaja Zeml’a, no O, e as Novosibirsk, no L (70.000 km2). A maior parte do ano está xeado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giovanni Battista Lulli.

    VER O DETALLE DO TERMO