"Acer" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 112.

    1. Realizar de novo algo que estaba mal feito ou deteriorado.

    2. Acadar un alimento o punto exacto para ser consumido ou para continuar coa súa elaboración.

    3. Acadar as calidades propias dunha determinada idade.

    4. Recuperar o bo estado ou a saúde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Volver nacer.

    2. Tomar novas forzas ou enerxías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio ou dignidade de sacerdote. É unha institución común a todas as relixións, exercida de diversas maneiras que forma parte da actividade social dun grupo. Aínda que nun principio non parece que fora un servizo específico dunha caste, comezou a ser exercido por reis, xefes de tribo ou de familia que máis tarde, para exonerarse de múltiples responsabilidades, delegaron en persoas con dedicación plena. A proliferación do politeísmo levou a unha posterior especificación sacerdotal, non só polo que respecta aos cultos e aos santuarios, senón tamén ás funcións (augures, sacrificadores, cantores). Isto deu orixe ás castes e ás familias sacerdotais. O oficio supuña unha esixencia ritual ou consagración diversa das condicións de pureza esixidas ao individuo á hora de cumprir o rito. Outra categoría de sacerdocio, igualmente primitiva, provén da capacidade especial dalgúns individuos (curandeiro, adiviño, feiticeiro, exorcista, profeta) e da posibilidade superior de entrar en contacto coa divindade...

    2. Exercicio dunha profesión ou dun ministerio que esixe unha alta virtude.

    3. Conxunto dos sacerdotes dunha rexión ou dunha relixión determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sacerdote ou ao sacerdocio.

    2. Fonte, documento ou tradición que son a base do Pentateuco e que a crítica bíblica recoñece como tales. Tamén chamado Priestercodex (P), foi redactado durante o exilio ou inmediatamente despois (ss VI-V a C).

    3. escritura hierática.

    4. Oración solemne que o Evanxeo de San Xoán pon en boca de Xesús Cristo durante a Santa Cea e que forma parte do discurso de despedida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Home dedicado ou consagrado a ofrecer sacrificios á divindade, a exercer o sacerdocio. Adoita formar parte dunha clase pechada e xerarquizada e mostra a miúdo unha tendencia á dominación.

      1. Home que recibiu as ordes que o capacitan para celebrar misa e administrar algúns sacramentos, no catolicismo. Distínguese entre o sacerdote diocesano ou secular e o sacerdote regular ou monxe sacerdote que é aquel que forma parte dunha orde ou consagración

      2. sacerdote obreiro

        Presbítero católico que exerceu o apostolado participando plenamente no traballo e a vida dos obreiros. Os iniciadores foron, entre outros, M. R. Loew, o bispo A. Ancel de Lyon, R. Voillaume e H. Godin. A actuación decidida a favor dos traballadores suscitou pronto a oposición do catolicismo conservador e foron prohibidos por Roma (1955 e 1959). O Concilio Vaticano II, non obstante, permitiunos novamente, deixando o traballo ao arbitrio de cada bispo.

    2. Membro da clase sacerdotal xudía restrinxida pouco a pouco ás tribos de Arón e de Leví. Organizados en vinte e catro grupos baixo a autoridade do sumo sacerdote e, eventualmente, dos príncipes dos sacerdotes, exercían por quendas as funcións do culto ao templo de Xerusalén. Desapareceron coa destrución do templo (70). A función do rabí non é sacerdotal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller consagrada a cultos e ritos pagáns, a ofrecer sacrificios aos deuses e a estar ao cargo das cousas sagradas e dos templos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser algo o que alguén necesita, quere ou pide para cubrir unha necesidade ou desexo.

    2. Conseguir o que se precisa para calmar ou saciar un desexo, aspiración ou necesidade.

    3. Resultar algo agradable ou bo.

    4. Pagar aquilo que se debe.

    5. Conformarse con algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tornar(se) tumefacto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estar alguén deitado en posición horizontal, especialmente referido a unha persoa morta ou enterrada nun lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xeito de estar ou levar algunha cousa, especialmente referido ao seu acomodo.

    VER O DETALLE DO TERMO