sacerdote
(< lat sacerdōte)
-
s
m
[RELIX]
Home dedicado ou consagrado a ofrecer sacrificios á divindade, a exercer o sacerdocio. Adoita formar parte dunha clase pechada e xerarquizada e mostra a miúdo unha tendencia á dominación.
-
[RELIX]
-
s
m
Home que recibiu as ordes que o capacitan para celebrar misa e administrar algúns sacramentos, no catolicismo. Distínguese entre o sacerdote diocesano ou secular e o sacerdote regular ou monxe sacerdote que é aquel que forma parte dunha orde ou consagración
-
sacerdote obreiro
Presbítero católico que exerceu o apostolado participando plenamente no traballo e a vida dos obreiros. Os iniciadores foron, entre outros, M. R. Loew, o bispo A. Ancel de Lyon, R. Voillaume e H. Godin. A actuación decidida a favor dos traballadores suscitou pronto a oposición do catolicismo conservador e foron prohibidos por Roma (1955 e 1959). O Concilio Vaticano II, non obstante, permitiunos novamente, deixando o traballo ao arbitrio de cada bispo.
-
s
m
-
s
m
[RELIX]
Membro da clase sacerdotal xudía restrinxida pouco a pouco ás tribos de Arón e de Leví. Organizados en vinte e catro grupos baixo a autoridade do sumo sacerdote e, eventualmente, dos príncipes dos sacerdotes, exercían por quendas as funcións do culto ao templo de Xerusalén. Desapareceron coa destrución do templo (70). A función do rabí non é sacerdotal.