"Alexandre" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 107.
-
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Desde 1960 traballou como funcionario de Correos. Aínda que partiu dun expresionismo organicista, ao rematar a carreira viaxou a Italia, onde o influíu o racionalismo das obras de Terragni. Ao coñecer as obras de Gropius, Breuer e Le Corbusier identificouse coa vangarda e coa corrente modernista, de xeito que a súa arquitectura se volveu cada vez máis conceptual. Empregou principalmente o aceiro e o vidro nas súas obras, das que destacan, a nave de CLESA (1961) e o Goberno Civil (1959), en Tarragona; a nave para os talleres aeronáuticos TABSA (1957), o ximnasio do Colegio Maravillas (1961), o Colegio Mayor César Carlos (1967) e o edificio para a empresa BANKUNION (1970) en Madrid; a Casa Domínguez, en Pontevedra (1976) ou o edificio de Correos e Comunicaciones (1981), en León. Tamén se dedicou á prefabricación, especialmente desde a década de 1960 (casa Varela de Vilalba). Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura (1974),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e pintor suízo. Foi un importante cartelista, ilustrador de libros e augafortista, e destacou como debuxante realista de temas populares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Estudou as ecuacións cúbicas e cuadráticas e elaborou, xunto con Lagrande, métodos para resolver ecuacións. Son especialmente importantes os seus estudos sobre os determinantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Lingüista. Catedrático de Lingua Castelá na Universidade de Santiago de Compostela (2002), foi fundador da revista Moenia. Revista lucense de lingüística e literatura, da que é codirector, e dirixe as coleccións de libros Lucus-Lingua, Lingüística e Grammaton e Logophiles. Como autor publicou Condicionales, concesivas y modo verbal en español (1992), La forma verbal española cantara en su diacronía (1996), Estudios de morfosintaxis verbal española (2002) e El subsistema vocálico español (2002); e como editor destacan La descripción del verbo español (1990), Estudios lingüísticos (1998), Da morfoloxía ao dicionario. Estudios de lingüística galega (2001), Léxico y Gramática (2002) e Gramática e léxico em sincronia e diacronia. Um contributo da lingüística portuguesa (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Transformou a igrexa da Madeleine de París (comezada en 1764 na época de Luís XVI) no templo da Gloire (1806-1828), con planta de cruz latina, con cúpula e interior, frontón na fachada e pórticos con columnas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático polaco, conde de Colonna, fillo natural de Napoleón I. Naturalizado francés, foi ministro de Asuntos Exteriores (1856-1860) e presidiu o Congreso de París (1856). Como ministro de Estado (1860-1863) propugnou medidas reformistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bacteriólogo suízo. Ingresou no Institut Pasteur de París onde colaborou con Roux nos seus traballos sobre a toxina diftérica. En 1894 descubriu en Hong Kong o bacilo causante da peste (Yersinia pestis).
VER O DETALLE DO TERMO