Sota Martínez, Alexandre de la

Sota Martínez, Alexandre de la

Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Desde 1960 traballou como funcionario de Correos. Aínda que partiu dun expresionismo organicista, ao rematar a carreira viaxou a Italia, onde o influíu o racionalismo das obras de Terragni. Ao coñecer as obras de Gropius, Breuer e Le Corbusier identificouse coa vangarda e coa corrente modernista, de xeito que a súa arquitectura se volveu cada vez máis conceptual. Empregou principalmente o aceiro e o vidro nas súas obras, das que destacan, a nave de CLESA (1961) e o Goberno Civil (1959), en Tarragona; a nave para os talleres aeronáuticos TABSA (1957), o ximnasio do Colegio Maravillas (1961), o Colegio Mayor César Carlos (1967) e o edificio para a empresa BANKUNION (1970) en Madrid; a Casa Domínguez, en Pontevedra (1976) ou o edificio de Correos e Comunicaciones (1981), en León. Tamén se dedicou á prefabricación, especialmente desde a década de 1960 (casa Varela de Vilalba). Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura (1974), a Medalla de Oro de Bellas Artes (1986), a Medalla de Oro do Consejo Superior de Arquitectos de España (1988), a Medalla Castelao (1990) e o Premio Camuñas de Arquitectura (1993).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra

  • Deceso

    Lugar : Madrid