"Aman" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 250.

    1. Póla bieita de tendencia eremítica, fundada por san Romualdo no 1012 en Camaldoli (Toscana).

    2. Rosario composto de dez contas.

    3. Que ou quen ten unha actitude indolente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito ou dito propio da persoa camanduleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten un comportamento ou unha actitude indolente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do apelido Caamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, comezou a facer teatro no ano 1982 no grupo Ancoradouro. Posteriormente traballou na Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela e en compañías profesionais como Teatro do Aquí, Uvegá Teatro, Centro Dramático Galego e Os Quinquilláns. Entre outros espectáculos, participou en Zocos (1998) e A señorita Xulia (2000), de Uvegá Teatro, e Xelmírez ou a groria de Compostela (1999) e Don Xoán (2000), do Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Vila de Cruces do que soamente se conserva a igrexa románica da segunda metade do s XII, hoxe pertencente á parroquia. Fundado no s X polo conde Gonzalo e pola súa dona Tareixa, foi mosteiro masculino e posteriormente feminino. En 1115 dona Urraca doouno á igrexa de Santiago, e logo pertenceu ao mosteiro de San Paio de Antealtares. A igrexa é de planta basilical con tres naves con cuberta de madeira e tres ábsidas semicirculares, pechadas en forma de ferradura no arranque. Os tramos das naves están modificados e consérvanse os catro tramos da nave principal e dous das laterais, polo que o seu aspecto actual é de planta de cruz grega. A división das naves realízase mediante piares de sección rectangular e con columnas acaroadas sobre as que se erguen os arcos formeiros, apuntados os máis achegados á cabeceira e semicirculares os demais. A ábsida central, rectangular no interior e de ferradura no exterior, está cuberta por unha bóveda de canón rematada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [turco: Qarama

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople e un lobo de sable pasante ao pé do tronco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación de gran tamaño e peso, e de construción rústica.

    2. e

    3. Dise da persoa desleixada ou patexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e escritora. Ocupou diversos cargos gobernamentais e en 1929 converteuse na primeira muller que foi conselleira de Estado. Foi tamén presidenta do Comité Nacional de Mujeres. Entre as súas publicacións destacan Rosario de prosa lírica e Oración maternal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión de Senegal, dividida en 1984 nas rexións de Ziguinchor e de Kolda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Catedrático de Economía Política e Facenda Pública en Santiago de Compostela desde 1907, foi un importante propagandista do agrarismo católico, moi activo nas campañas rurais. Colaborou con diversas publicacións periódicas, entre outras, La Paz Social, La Lectura, Idearium, La Alhambra, Das literarische Echo e Le Mouvement social. Dos seus traballos cómpre destacar La democracia cristiana y la política nacional (1902), El trabajo y el salario (1907), El trabajo a domicilio en España (1908), La cooperación en la agricultura: manual de economía social agraria (1909), La VOT de San Francisco como institución para promover y mantener el progreso social (1910), La asociación agraria, socialista y ácrata (1910) e Los principios cristianos y la transformación y aun abolición del salariado (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten diferentes cores vivas, discordantes e mal combinadas, especialmente as pezas de roupa.

    2. Que viste esta roupa. Ex: Teño que cambiarme, que non vou a sitio ningún tan charramangueira.

    3. Aplícase ás bolboretas, cigarras e abellas coas ás de diferentes cores.

    4. Arxilas de diferentes cores do Triásico superior, da facies Keuper.

    5. Greses de cores diversas, especialmente vermellas, do Triásico inferior e da facies Buntsandstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe a costa SO da India, no golfo de Bengala, entre o delta do río Krishna e o cabo Kodikkarai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás pezas opostas, ondeadas e aguzadas en forma de chama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • En dirección contraria á normal ou debida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manobra que se opón a unha precedente ou a un movemento do adversario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero pertencente aos xéneros Procavia, Heterohyrax e Dendrohyrax, da familia dos procávidos. Presenta un corpo groso, cola reducida, fociño curto e orellas pequenas e arredondadas. Trátase dun animal herbívoro que conta cun complexo aparato intestinal, dividido en tres cámaras, que lle permite a dixestión da celulosa. Os ouriños do damán presentan unha alta concentración de urea, carbonato cálcido e outras substancias de excreción, feito que lle permite subsistir con pequenas cantidades de auga. Ten taxas metabólicas baixas e presenta unha escasa actividade que desenvolve durante as horas de luz; gústalle poñerse ao sol e estar en contacto estreito cos outros compoñentes do grupo, feito que lle axuda na termorregulación. Encama en pedregais, lugares que constitúen un bo refuxio e presentan menos humidade ca o chan. Os grupos familiares están formados por un macho adulto, que rexeita a presenza doutros machos, as femias e as súas crías. Outros machos viven no contorno dos grupos e copulan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio da India, no golfo de Khambhāt (111.000 h [estim 1994]). A capital é Daman (26.895 h [1991]). É unha rexión rica en ferro e manganeso. As industrias téxtiles e o comercio marítimo son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO