"Arán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 317.

  • CIDADES

    Cidade do oblast de Brest, Bielorrusia (159.000 h [1989]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nistagmo provocado pola inxección de auga fría ou quente no conduto auditivo externo, que desaparece nas destrucións completas do labirinto ou do nervio auditivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico austríaco. É autor de estudios básicos sobre a fisioloxía do sentido do equilibrio e do aparello vestibular da orella, polos que lle foi concedido o Premio Nobel de Medicina no 1914. Co seu nome coñécese o nistagmo calórico ou proba de Bárány.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Europa central, situada entre os montes Mecsek e os ríos Danubio e Drava, e repartida entre Hungría (megýek de Baranya) e Croacia. Constitúe un macizo granítico moi degradado, cuberto polo bosque. Os principais recursos económicos son a agricultura e a minería do carbón e do uranio. Baranya foi unha das rexións de Hungría que quedaron case despoboadas trala conquista turca (s XV). O repoboamento non rematou ata a instalación, a partir do 1720, dos colonos croatas, maxiares e, sobre todo, alemáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Megýek de Hungría (4.430 km2; 405.000 h [estim 1998]). A capital é Pécs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Estudiou filosofía e letras na Universidad de Madrid e foi profesor da Institución Libre de Enseñanza de Madrid. Foi redactor de varios xornais republicanos, dirixiu La Justicia dende a súa fundación ata 1888 e publicou 23 artigos no BILE. Posteriormente recompiláronse algúns dos seus artigos que se publicaron cos títulos de A punta de pluma e De mis campañas y Nonadas. Tamén publicou, entre outras obras, Movimiento novísimo de la filosofía natural en España (1879) e Lecciones sumarias de psicología, en colaboración con Giner de los Ríos e Soler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e mineraloxista, asinaba as súa obras como Laureano. Logo de estudar farmacia na Universidad de Madrid, o 28 de maio de 1874 foi nomeado catedrático de Farmacia Químico-Orgánica na facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Foi discípulo de Giner de los Ríos e un dos fundadores da Institución Libre de Enseñanza. En Santiago de Compostela, xunto con Augusto González Linares, constituíu a cerna do grupo krausista na universidade. En 1875 foi apartado da cátedra como consecuencia da defensa que realizou da evolución e da divulgación das teorías evolutivas na cidade de Santiago de Compostela. Ao negarse a cumprir o decreto do ministro Orovio e defender a liberdade de cátedra, foi encarcerado no castelo de Santo Antón da Coruña. Unha vez liberado emigrou a París e despois a Estrasburgo, onde seguiu os cursos dos químicos Berthelot, Claude Barnard Groth e Hope-Seyler. En 1881, coa derrogación da circular de Orovio, Laureano volveu a España e, no 1888, ocupou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista. En 1874 gañou a cátedra de Historia Natural do Instituto de Las Palmas, pero con motivo do decreto de Orovio de 1875 foi suspendido de emprego e soldo. Regresou á Península e foi un dos membros fundadores da Institución Libre de Enseñanza, na que colaborou con 48 artigos. No 1877 trasladouse ás universidades de Xenebra, Viena, Múnic e París para ampliar coñecementos. En 1887 gañou a cátedra de Historia Natural na Universidad de Sevilla e en 1895 a de Mineraloxía na Universidad de Madrid. Os seus traballos máis importantes son de xeoloxía e publicou, entre outras obras: Enumeración de los vertebrados fósiles en España (1877), La evolución terrestre (1881) e Los minerales de España (1910), onde dedica especial atención aos xacementos de minerais en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emmanuel Poiré.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Copernicia prunifera, Fam das palmas]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Doutorado en Dereito en Madrid en 1910, estudiou economía en Múnic, Berlín, Viena e Londres. Foi discípulo de Flores de Lemus. Catedrático das universidades de Murcia (1916) e de Sevilla (1918), e conselleiro de estado (1931-1933) e do Banco Urquijo (1933). Dedicouse á investigación da historia económica e especializouse no s XVI, principalmente no reinado de Carlos V. Foi un dos fundadores dos Anuarios de historia del derecho español. Entre as súas obras sobresaen: Sevilla, fortaleza y mercado (1924), Carlos V y sus banqueros (1943-1949), El crédito de Castilla en el precio de la política imperial (1949), El despotismo ilustrado de los Amigos del País (1956), Informe de Olavide sobre la ley agraria (1956), Siete estudios de historia de España (1969) e Otros siete estudios de historia de España (1978). Postumamente apareceron: Recuerdos de mi infancia (1987), El historiador (1989), Libro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dedicouse ao xornalismo e colaborou en distintas publicacións e na televisión, onde se ocupaba fundamentalmente da información parlamentaria. Publicou Vivir en Madrid (1967), Celtiberia show (1970), Vida y milagros de Monseñor Escrivá de Balaguer, fundador del Opus Dei (1975) e El Camino de Santiago (1991), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terpeno bicíclico saturado. Considérase o composto fundamental do que derivan estruturalmente todos os terpenos da serie do carano. O único hidrocarburo desta serie que se atopa na natureza é o 3-careno, presente na esencia de trementina india.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘querer’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cara fea.

    2. Xesto que deforma a expresión da cara, especialmente os que se fan para mofarse dunha persoa.

      1. Obxecto que cobre a cara dunha persoa para non ser recoñecida.

      2. carantoña de arame

        Careta que ten os arames moi xuntos empregada para protexer a cara das picaduras das abellas cando se castra unha colmea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Miño baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO