carantoña

carantoña
  1. s f

    Cara fea.

    Ex: Eses monos teñen unhas carantoñas arrepiantes.

  2. s f

    Xesto que deforma a expresión da cara, especialmente os que se fan para mofarse dunha persoa.

    Ex: Os rapaces sempre están a facer carantoñas.

    1. s f

      Obxecto que cobre a cara dunha persoa para non ser recoñecida.

      Ex: Levaban todos carantoñas e non había xeito de saber quén eran.

      Sinónimos: caranta, carauta, careta, máscara.
    2. carantoña de arame

      Careta que ten os arames moi xuntos empregada para protexer a cara das picaduras das abellas cando se castra unha colmea.

Frases feitas

  • Facer a carantoña. Morrer.

Palabras veciñas

Caraño | caranta | carantar | carantoña | Carantoña | Carantoña | Carantoña