careta

careta

(< cara)

  1. s f

    Obxecto de cartón, plástico, goma ou calquera outro material, que representa xeralmente unha cara grotesca e que se serve para ocultar o rostro.

    Sinónimos: caranta, carantoña, carauta, caroza, máscara. Confrontacións: anteface.
  2. s f

    Expresión do rostro.

    Ex: Vaia careta que puxo cando viu o que pasaba!