máscara
(< ital maschera < ár masẖarah ‘obxecto de risa’)
-
-
s
f
[ESPECT]
Obxecto de diversos materiais como madeira ou coiro, revestido de metal, que representa unha cara, que serve para ocultar o rostro, e que na Antigüidade levaban os actores cando representaban. No teatro grego, a máscara cubría a cabeza do actor e tiña unha grande abertura bucal que amplificaba a voz. O teatro romano, sen renunciar ás innovacións das atelanas, continuou as experiencias do teatro grego. Despois dun milenio, a máscara teatral reapareceu na Commedia dell’Arte italiana.
-
s
f
Figura de cartón ou outro material, imitando unha cara, con buracos para os ollos e a boca, con que unha persoa cobre o rostro.
Sinónimos: caranta, carantoña, carauta, careta, caroza. -
s
f
Peza de veludo ou satén con buratos para os ollos, que utiliza para tapar a cara e non ser recoñecido.
Sinónimos: caranta, carantoña, carauta, careta, caroza. Confrontacións: anteface. -
baile de máscaras
Baile de disfraces onde as persoas levan a cara tapada con máscaras.
-
s
f
[ESPECT]
-
s
f
[DEP]
Gorxal de tea metálica bordeado con coiro que se adapta á cara por medio dunha tira elástica, especialmente utilizado en esgrima.
-
-
s
f
Obxecto empregado para protexer a cara.
-
s
f
Obxecto que cobre a cara, provisto de filtros de vidro de cor, que empregan os soldadores para protexerse dos raios infravermellos e ultravioleta, das faíscas, e doutros elementos.
-
s
f
[IND]
Obxecto de malla de arame que cobre a cara e que a protexe cando se preparan explosivos.
-
máscara antigás
Obxecto que cobre a cara destinadoa a protexer durante certo tempo os ollos e as vías respiratorias dunha persoa ou un animal que se atopa nun ambiente de aire irrespirable. Está composta por unha peza de caucho ou lona impermeable que se adapta á cara, cintas para fixala á cabeza, dous visores de material antiembazamento, unha válvula de saída de aire e un cartucho filtrante que absorbe os gases e os fumes mesturados co aire antes de que cheguen á boca.
-
máscara de apicultor
Máscara de tule ou tea metálica destinada a protexer a cara e a cabeza das picaduras das abellas ao manipular as colmeas.
-
s
f
-
s
f
[MED]
Obxecto que serve para esconder, protexer ou medicar a faciana ou para administrar narcóticos.
-
s
f
Aparencia falsa da que se reviste unha persoa para encubrir os seus verdadeiros sentimentos, pensamentos, obxectivos e a súa maneira de ser.
-
s
f
Persoa que leva a cara tapada cunha máscara.
-
s
f
[FÍS]
Lámina ou placa que, situada sobre a pastilla do semicondutor, xeralmente silicio, permite, mediante técnicas litográficas, recubrir unhas determinadas zonas e deixar unhas ventás abertas a fin de obter por difusión os diferentes elementos activos e pasivos dun circuíto integrado.
-
s
f
[ENTOM]
Aparato bucal das ninfas dos odonatos que cobre a área ventral e a do tórax ata o metasternito.
-
s
f
[IMAX/IND]
Película utilizada na selección de cor para obter unha reprodución do orixinal o máis fiel posible. Componse dun negativo, un positivo ou unha combinación dos dous, e serve para variar a cor durante a produción de negativos ou de positivos parciais.
-
[PAT]
-
s
f
facies.
-
máscara de Hutchinson
Sensación que teñen os enfermos de tabe dorsal, como se tivesen a pel da faciana comprimida por unha careta.
-
máscara equimótica
Cianose cérvico-facial caracterizada por unha coloración difusa vermella cianótica da faciana e do colo, con edema de pálpebras e equimose conxuntival e labial.
-
s
f
-
s
f
[FÍS]
Cada un dos arquivos resultantes da división dunha imaxe en dúas ou máis partes, que permite diferenciar usos do solo claramente distintos pero radiometricamente moi similares. O seu contorno é xeralmente irregular.
-
[TECNOL]
-
s
f
Obxecto que cobre a cara mediante o que se suministra osíxeno aos pasaxeiros ou á tripulación dunha aeronave en condicións adversas.
-
máscara perforada
Elemento dun tubo de televisión en color que permite o paso, a través dos buracos de que dispón, dos electróns que proceden de cada canón electrónico ao punto da pantalla onde está a substancia luminiscente que corresponde a cada cor.
-
s
f
-
s
f
[BOT]
Afección dalgunhas plantas arbóreas producida polo crecemento sobre as follas dun fungo do grupo das capnodiáceas.
-
máscara ritual
[RELIX/HIST]
Máscara empregada nas funcións rituais na maior parte das relixións primitivas para anular ou esconder a individualidade humana do suxeito e substituíla por personaxes imaxinarios, mitolóxicos, deuses, demos ou animais. As máscaras de monstros teñen tamén a función de espantar, e por iso se utilizaban en caso de guerra ou contra outros demos en diferentes ritos de exorcismo.