Máscara 17

Máscara 17
[ESPECT]

Grupo de teatro afeccionado creado en Vigo en 1971. Representou espectáculos como Ceremonia por un negro asesinado, sobre textos de Arrabal, e A pancarta e O xeneraliño, a partir das obras de Jorge Díaz. Desde 1980 presentaron traballos como Por Dios Eros, sobre textos de diversos autores, Ahl Kharallo Light, creación colectiva, Fajanjastoafjanistanirán, Ñeñeñe-Ukaka, e Labio Leporino, de Ricardo A. Indio. Entre os seus directores figuraron Manuel Camba, Xerome Calero, Ricardo A. Indio ou Antón Casal. Despois a compañía pasou a denominarse Máscara Producións, baixo a dirección de Xerome Calero, e representaron espectáculos como Máis se perdeu en Cuba, sobre un texto de Alfonso Sastre, Guillados, con texto de José Luís Alonso de Santos, ou Discurso sobre o fillo de puta, sobre un texto de Alberto Pimenta.

Palabras veciñas

mascagnita | mascar | máscara | Máscara 17 | mascarada | Mascareñas | Mascareñas, illas