Careón, serra do

Careón, serra do

Pequena unidade de relevo de dirección N-S integrada na denominada Dorsal Meridiana Galega, que se estende pola súa parte oriental entre as parroquias de Moredo, Carballal, Cuíña e Ambreixo (concello de Palas de Rei) e, pola vertente occidental, entre as de Vilouriz (concello de Toques) e Meire (concello de Santiso). O seu cumio está no monte Careón, a 798 m de altitude.