Carantoña

Carantoña
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que presenta como armas escudo cortado: en campo de goles, brochante sobre o todo un carballo de sinople e, saínte da súa copa, brazo armado empuñando unha espada de prata coa gornición de ouro. Entre outros brasóns recollidos para esta caste, cómpre salientar: en campo de goles, cinco cabezas de reis mouros ao natural, postas en aspa; en campo de ouro, tres cabezas ao natural, coroadas de prata e mal ordenadas; en campo de ouro, tres cabezas coroadas e mal ordenadas e tres mans dereitas apalmadas e ben ordenadas, alternando coas cabezas, todo da súa cor natural; en campo de goles, cinco brazos armados, empuñando cadanseu puñal de sable, dous moventes do flanco destro e tres do flanco sinistro; outros, en campo de goles, tres brazos armados ao natural, empuñando cadansúa espada de prata coa punta cara a arriba e postas en faixa.