"Atis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 141.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clasificación establecida pola Oficina de Estatística das Comunidades Europeas (1972) para dispoñer dun esquema único e coherente de clasificación territorial para a elaboración das estatísticas rexionais comunitarias co fin de harmonizar a recompilación, transmisión e publicación das estatísticas nacionais e comunitarias. É unha clasificación en tres niveis, en que os dous primeiros recollen a estrutura administrativa dos estados membros, e o terceiro, que é un nivel adicional, para delimitar territorios comparables economicamente. Desde 1998 utilízase na lexislación comunitaria dos Fondos Estruturais.
-
PERSOEIRO
Armador e home de finanzas grego. Cando se produciu a invasión turca (1922) emigrou a Arxentina, onde foi cónsul xeral de Grecia. Iniciou a súa aventura empresarial coa manufactura de tabaco e o fretamento de barcos mercantes. Foi o administrador de numerosas sociedades de todo o mundo e o principal accionista da Societé des Bains de Mer de Mónaco (ata 1967). Fundou a compañía de navegación aérea Olympic Airways e a marítima Olympic Cruises. A partir de 1967 foi un dos principais partidarios e sustentadores do réxime grego dos coroneis e en 1969 creou a compañía petroleira Omega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Defecto de orixe conxénita que consiste nun desenvolvemento deficiente da mandíbula inferior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conformación do cranio facial na liña do perfil, que é vertical desde a fronte ata o queixo, polo que o individuo ten as mandíbulas pouco saídas cara a adiante. Se ben o ortognatismo perfecto non existe como regra xeral en ningunha raza humana, a branca é a máis ortognata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla palmatinervia con divisións que chegan ata o punto de inserción do limbo co pecíolo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina e movemento político que propugna a solidariedade e cooperación entre todos os pobos de Asia.
-
-
Relativo ou pertencente ao panasiatismo.
-
Partidario do panasiatismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á folla pinnatinervia con divisións que chegan ao nervio medial.
-
-
Nome xenérico de calquera manifestación funcional orixinada por un mecanismo suxestivo.
-
Manifestación, consciente ou inconsciente, en que se produce unha simulación de orixe histérica.
-
-
PERSOEIRO
Pintor e caricaturista. Fundou a revista Os Conxuros e traballou como ilustrador e caricaturista en varias publicacións. Nas súas obras, de técnicas diversas, cultivou a abstracción. Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas e da súa produción destacan Sen título (2000) e Casa perfecta (2001). Recibiu o V premio de pintura da Bienal Eixo Atlántico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos platistérnidos.
-
Réptil da familia dos platistérnidos.
-
Familia de réptiles, da orde dos quelonios, que presenta a cabeza moi desenvolvida, de tal forma que non pode retraer a mesma cara ao interior da cuncha, o escudo moi deprimido e a cola longa, case tanto como a cuncha. Posúe unha única especie Platysternon megacephalum, que foi presentada á ciencia por Gray (1831) e que vive no SL de China, Australia e Nova Guinea, nos regatos fríos das montañas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado caracterizado pola presenza de numerosos traumatismos, a consecuencia dun accidente.
-
-
Calidade de pragmático.
-
Corrente de pensamento moi estendida no mundo contemporáneo e especialmente desenvolvida como doutrina filosófica nos países anglosaxóns, sobre todo en EE UU. Caracterízase por un claro antiintelectualismo e pola primacía que se lles dá ás consecuencias prácticas no coñecemento e a comprensión das cousas. Como doutrina iniciarona Ch. S. Peirce e W. James, e a colaboración destes con F. C. S. Schiller na revista Leonardo (1903-1907) consolidou o denominado pragmatismo italiano (M. Calderoni, G. Papini e G. Vailatti). O pragmatismo lóxico, o ético e o humanista, como tamén o bioloxismo, o inmanentismo e o ficionalismo, son algúns dos sentidos que o pragmatismo tivo en numerosos pensadores que o seguiron, entre os que destacan J. Dewey, Mead e C. I. Lewis.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pragmatismo.
-
Seguidor do pragmatismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de prógnato que caracteriza a algúns grupos humanos, como os negroides, os tasmanianos e os australianos, mentres que é unha anomalía noutros grupos. O caso contrario é o ortognatismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado patolóxico en que unha enfermidade da próstata ocasiona trastornos da mición.
-
CIDADES
Cidade de Baviera, Alemaña, no Alto Palatinado, situada á beira do Danubio (125.236 h [2000]). Poboación de orixe celta (Radasbona), chegou a ser en tempos de Marco Aurelio un campo atrincheirado (Regina castra). En 1245 converteuse en cidade libre do Imperio e desde 1633 en sede estable da Dieta imperial. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, obra mestra da arquitectura gótica bavaresa (1250-1525), e a igrexa da abadía de Sankt Emmeran (s XII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en 1684 entre Francia, Austria e España, que puxo fin á guerra de España con Francia (1683-1684) e á polémica levada por Versailles sobre os dereitos de reunión que derivaban dos tratados de Westfalia e Nimega (1681). Recoñecía as anexións que Francia fixera con anterioridade a agosto de 1684 e cedía a Francia as cidades de Estrasburgo, Luxemburgo, Beaumont e Chimay.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que participa nunha regata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica a facer retratos.