pragmatismo
(
-
s
m
Calidade de pragmático.
-
s
m
[FILOS]
Corrente de pensamento moi estendida no mundo contemporáneo e especialmente desenvolvida como doutrina filosófica nos países anglosaxóns, sobre todo en EE UU. Caracterízase por un claro antiintelectualismo e pola primacía que se lles dá ás consecuencias prácticas no coñecemento e a comprensión das cousas. Como doutrina iniciarona Ch. S. Peirce e W. James, e a colaboración destes con F. C. S. Schiller na revista Leonardo (1903-1907) consolidou o denominado pragmatismo italiano (M. Calderoni, G. Papini e G. Vailatti). O pragmatismo lóxico, o ético e o humanista, como tamén o bioloxismo, o inmanentismo e o ficionalismo, son algúns dos sentidos que o pragmatismo tivo en numerosos pensadores que o seguiron, entre os que destacan J. Dewey, Mead e C. I. Lewis.