Pragmática Sanción
Pragmática Sanción
Disposición do Emperador Carlos VI redactada o 19 de abril de 1713, pero que non se publicou ata o nacemento da súa filla María Tareixa I de Austria (1717), que anulou a de Leopoldo I (1713) e estableceu a sucesión ao trono imperial sen distinción de sexos, a partir dos fillos do emperador mesmo. Cando morreu Carlos VI (1740) púxose en práctica, o que levou á Guerra de Sucesión de Austria.