pragmática

pragmática

(< pragmático)

  1. [HIST/DER]
    1. s f

      Disposición lexislativa do soberano, que se diferenciaba dos reais decretos e ordes xerais na fórmula da súa publicación.

    2. pragmática sanción

      Ordenanza ou decreto do soberano sobre materia de dereito público, con forza obrigatoria semellante á dunha lei, pero con orixe na exclusiva vontade do monarca sen compartir o seu poder coas Cortes. Foi utilizada, a partir do s XV polos reis de Castela para lexislar materias fundamentais como a sucesión e as relacións entre Igrexa-Estado.

  2. s f [LING]

    Parte da semiótica, segundo a terminoloxía de Ch. Morris, que estuda a fala, a linguaxe usada en concreto polo individuo. Toma o nome do feito que estuda a actuación lingüística do home, na práctica concreta da linguaxe.