Pragmática Sanción

Pragmática Sanción

Resolución tomada polas Cortes españolas en 1789, seguindo unha proposta do conde de Campomanes, pola que non se facía distinción de sexos na sucesión ao trono e se derrogaba a lei sálica. Carlos IV non chegou a publicala, pero si Fernando VII (1830), cando María Cristina das Dúas Sicilias esperaba a futura Isabel II. Isto provocou o preito sucesorio de onde xurdiu o carlismo. Tras os sucesos de La Granja, Isabel II accedeu ao trono (1833), o que levou á Primeira Guerra Carlista.

Palabras veciñas

Pragas, As | pragmática | Pragmática Sanción | Pragmática Sanción | pragmático -ca | pragmatismo | pragmatista