prago
prago
(< lat pagru)
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe teleósteo de ata 75 cm de lonxitude, pero que normalmente apenas acada a metade. Ten o corpo alto, comprimido lateralmente, o perfil da cabeza moi arqueado, baixando supetamente desde o nivel dos ollos á boca. Ten unha soa aleta dorsal na que os raios van crecendo ata o cuarto ou quinto e aleta anal escotada. A cor é rosada, intensa no dorso e prateada nos costados, o ventre abrancazado, as aletas rosadas cos cabos da aleta caudal brancos. É moi frecuente no litoral sobre fondos de area e pedra ata 100 m de profundidade. Aliméntase de crustáceos, moluscos e peixes.