"Aw" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 264.
-
PERSOEIRO
Condottiere inglés. Coñecido como Giovanni Acuto, distinguiuse na Batalla de Crécy (1346) e foi feito cabaleiro por Eduardo III de Inglaterra. Despois da Paz de Brétigny (1360), pasou ao servizo de Pisa contra Florencia, despois ao servizo dos Visconti, do Papa Gregorio XI e finalmente de Florencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico inglés. Estudiou nas universidades de Manchester e Göttingen. Foi profesor de química nas de St. Andrews (1912), Durham (1920) e Birmingham (1925). Estudiou a estrutura molecular de diversas moléculas coma a glicosa, a celulosa ou o glicóxeno. Determinou a constitución da vitamina C e sintetizouna por primeira vez no 1934, e deulle o nome de ácido ascórbico. Entre as súas obras destaca The constitution of sugars (1929). Compartiu o Premio Nobel de Química (1937) con P. Karrer, polos seus descubrimentos sobre a estrutura dos glícidos e a vitamina C.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador exipcio. Naturalizado británico, converteuse nun dos maiores expoñentes da aplicación do marxismo á historiografía. Estudiou os movementos sociais e, sobre todo, as revolucións burguesa e industrial, que analizou nas súas publicacións Age of Revolution, 1789-1848 (1969), Age of Capital, 1848-1875 (1975) e Age of Empire, 1875-1914 (1987). Tamén publicou Nations and Nationalism since 1780 (1990) e Age of extremes: The short twentieth century, 1914-1991 (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Chiba situada na illa de Honshū, Xapón (441.893 h [1997]). É un núcleo residencial da área urbana de Toquio.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de actores xaponeses, vinculada ao xénero do teatro kabuki. Comezou a súa andaina en 1660 co nacemento de Danjuro I, ao que seguiron doce xeracións de actores, Danjuro XX, nacido en 1946, foi o último deles, unha verdadeira institución teatral no país.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago situado na illa de Honshū, Xapón, pertencente ao ken de Fukushima (104 km2). Está situado ao pé do volcán Bandai.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do voivodato de Kujawsko-Pomorskie, situada ao SL da cidade de Bydgoszcz (79.372 h [2000]). É un mercado agrícola e núcleo industrial. Posúe estacións termais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Irauadi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ken da illa de Honshū, Xapón (4.198 km2; 1.180.977 h [2000]). A súa capital é Kanazawa.
-
PERSOEIRO
Escritor polaco. A súa ampla cultura literaria e sensibilidade transmítense á súa poesía, Lato 1932 (O verán de 1932, 1933); ao conto e á novela curta, xéneros nos que foi un mestre indiscutible. Destacan os libros Panny z Wilka (Os señoritos de Wilko, 1932), Mlyn nad Utrata (O muíño sobre o río Utrata, 1936), Ikar (1945), Matka Joanna od Aniotow (A nai Xoana dos Anxos, 1946) e Nowele wloskie (Relatos italianos, 1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor ruso. En París entrou en contacto co postimpresionismo e o fauvismo, e en 1909 fundou, con Kandinsky e outros, a Neue Künstlervereinigung, na órbita do expresionismo alemán. Influído polo cubismo, dedicouse a pintar caras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Político srilankés. Membro do Partido Nacional Unificado, foi primeiro ministro (1977), instaurou un réxime presidencialista e ocupou a presidencia da República (1978-1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Nixeria (23.154 km2; 3.164.134 h [estim 1995]). A súa capital é Dutse.
-
CIDADES
Cidade do mu ḥ āfa ẓ a de Al-Bu ḥ ayra, Exipto, situada ao L de Alexandría (231.978 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ken da illa de Shikoku, Xapón (1.861 km2; 1.022.890 h [2000]). A súa capital é Takamatsu.
-
CIDADES
Cidade do ken de Hyōgo, na illa de Honshū, Xapón (266.281 h [1997]). A súa economía baséase nas actividades industriais, como a industria téxtil ou a química.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ken situado na illa de Honshū, Xapón (2.403 km2; 8.489.984 h [2000]). A súa capital é Yokohama.
-
CAPITAIS
Capital do ken de Ishikawa, situado na illa de Honshū, Xapón (455.386 h [2000]). Conserva o aspecto da antiga cidade fortaleza feudal.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradēsh, ao N de India, na beira do río Ganxes (2.532.138 h [2001]). Constitúe un centro comercial e un núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO