Haworth, Walter Norman

Haworth, Walter Norman

Químico inglés. Estudiou nas universidades de Manchester e Göttingen. Foi profesor de química nas de St. Andrews (1912), Durham (1920) e Birmingham (1925). Estudiou a estrutura molecular de diversas moléculas coma a glicosa, a celulosa ou o glicóxeno. Determinou a constitución da vitamina C e sintetizouna por primeira vez no 1934, e deulle o nome de ácido ascórbico. Entre as súas obras destaca The constitution of sugars (1929). Compartiu o Premio Nobel de Química (1937) con P. Karrer, polos seus descubrimentos sobre a estrutura dos glícidos e a vitamina C.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Chorley, Lancashire

  • Deceso

    Lugar : Birmingham