"BRU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

  • PERSOEIRO

    Entallador. Colaborou co escultor Francisco de Moure nos retablos de Santa María de Laroá e Vilar de Cobelas (1601), ambos en Xinzo de Limia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora chilena. Foi directora da revista Familia. Cultivou a novela e o conto protagonizado por campesiños, analizando a súa situación social. Entre 1939 e 1952 ocupou cargos diplomáticos en Bos Aires e foi agregada cultural en Rio de Janeiro e Montevideo (1962). Entre as súas obras salientan as novelas Montaña adentro (1923), Bienvenido (1929), Humo hacia el sur (1946) e os libros de contos Raíz de sueño (1949) e Soledad de la sangre y otros cuentos (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao SO de Madrid e á dereita do río Guadamar (3.940 h [1996]). Lugar de veraneo tradicional modificado pola expansión residencial de Madrid que o converteu nun núcleo satélite da capital, experimentou un notable crecemento demográfico e un aumento na construción de urbanizacións de vivendas unifamiliares. Este proceso contribuíu a alterar significativamente a estrutura laboral e socioeconómica do concello, pois a maior parte dos seus veciños son profesionais e traballadores cualificados, dispoñendo de rendas elevadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción militar que tivo lugar entre o 5 e o 25 de xullo de 1937 durante a Guerra Civil levada a cabo ao redor da poboación de Brunete (Madrid). Os obxectivos das forzas republicanas eran a sublevación de Madrid e a distracción da ofensiva do norte. Estas forzas, dirixidas polo xeneral Miaja, contaron coa axuda das Brigadas Internacionais. Unha vez rota a fronte o 6 de xullo, Brunete foi ocupada pola división Líster. Refeitas as tropas do goberno de Burgos, coa axuda da lexión Cóndor recuperaron Brunete o 25 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico occitano. Dirixiu e animou a Revue des Deux Mondes (1893). Combateu a arte pola arte, o naturalismo, o subxectivismo e a ciencia, que pretendía substituír a fe. Publicou, entre outras obras, Études critiques sur la littérature française (Estudios críticos sobre a literatura francesa, 1880-1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico. Pioneiro no estudo e herborización da flora europea, ante a confusión da nomenclatura vexetal da época, publicou unha serie de escritos dende 1530 a 1536, compilación de traballos doutros autores onde poñía de manifesto as sinonimias que neles aparecían. A súa obra principal, Herbarum vivae icones (Imaxes das herbas vivas, 1531), é a primeira que contén a descrición, acompañada da ilustración científica, de cada especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase de polaridade magnética positiva que comeza hai 730.000 anos e se mantén ata a actualidade. O seu límite inferior sinala, de xeito convencional, a transición do Plistoceno inferior ao medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo francés. Profesor de xeografía física en Suíza (1869-1912). A súa obra componse principalmente de traballos sobre xeografía humana: La géographie humaine (Xeografía humana, 1910), Géographie de la France (Xeografía de Francia, 1920-26) e Géographie de l’histoire (Xeografía da historia, 1921). Tamén publicou L’irrigation dans la Péninsule Ibérique et dans l’Afrique du Nord (A rega na Península Ibérica e no norte de África, 1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano, coñecido tamén por Il Aretino. Xurisconsulto e helenista, publicou Historia florentina e Commentarius rerum suo tempore gestarum. Escribiu tamén, entre outras obras, Vita di Dante (Vida de Dante) e Vita di Petrarca (Vida de Petrarca).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político italiano. Deputado do parlamento italiano, defendeu a representación proporcional como medio para garantir mellor a vida democrática. Entre as súas obras destaca Lo stato moderno (O estado moderno, 1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de brunir.

    2. Acción e efecto de brunir.

    3. Operación destinada a alisar e abrillantar unha superficie metálica, á que se someten as pezas que han de ter unha elevada precisión superficial ou que deben ser resistentes á oxidación ou ao desgaste por fricción (chumaceiras, engrenaxes, bielas de motor de explosión, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que brune.

    2. Operario especializado en brunir.

    3. Instrumento ou ferramenta (martelo de cabeza plana, pedra de ágata, punta de aceiro con mango, cepillo, rolo recuberto de protección, etc) empregado para brunir.

    4. Máquina para efectuar o brunido dunha superficie, xeralmente por fricción con pedras abrasivas de gran moi fino. As brunidoras para superficies cilíndricas interiores adoitan constar dun bastidor, dunha columna e dun cabezal que transmite un movemento de rotación ao eixe vertical, que contén un mandril, provisto duns sectores de pedra abrasiva expansibles radialmente no seu extremo inferior, que se despraza axialmente cun movemento alternativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente do xermánico brunnia ‘coiraza’ e hild ‘combate, batalla’. Na mitoloxía xermánica, é o nome dunha valquiria dos Nibelungos salvada por Sigfrido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na mitoloxía xermánica, valquiria condenada por Odín (Wòdan) a durmir sobre unha montaña rodeada de lume, ata que fose liberada por un heroe sen medo. A lenda fixo nacer, daquela, o personaxe de Sigfrido, o heroe liberador. Ambos os dous, Brunilde e Sigfrido, entraron a formar parte da epopea dos Nibelungos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Deputado do Partido do Centro (católico) desde 1924 ata 1933, e chanceler do Reich de 1930 a 1932. En 1930 disolveu o Reichstag, en oposición aos socialistas, feito que facilitou indirectamente o acceso ao Parlamento dos nazis. Destituído en 1932 por Hindenburg, exiliouse aos EE UU en 1933. En 1951 regresou ao seu país e foi catedrático na Universidade de Colonia ata 1955, data na que regresou aos EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Austrasia. Filla do rei visigodo de Toledo, Atanaxildo, casou no 567 con Sixeberto I de Austrasia. Falecido o marido nun combate contra o seu irmán Khilperico I de Neustria en 575, Bruniquilda foi capturada polo vencedor e casou en segundas nupcias con Meroveo, fillo de Khilperico I e dunha concubina, no 576. Disolta a unión, Bruniquilda marchou a Metz xunto co seu fillo Khildeberto II, que gobernaba en Austrasia, e exerceu o poder no seu nome. O rei morreu no 595 deixando dous fillos pequenos e converteuse novamente Bruniquilda en raíña rexente continuando a política de consolidación do poder real fronte á aristocracia e á Igrexa. Tiberto II de Austrasia, neto da raíña, morreu ao pouco de chegar ao poder, no 612, e Thierry II, que sucedeu o seu irmán, morreu en batalla no 613. Ante o perigo dunha nova rexencia, a aristocracia de Austrasia entregou a Bruniquilda ao seu inimigo Clotario II de Neustria, quen a torturou ata a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer brillante unha cousa, especialmente o metal e a pedra.

    2. Puír a superficie de corpos metálicos para eliminar as últimas impurezas. Os precedementos para realizar este traballo son de dous tipos: un, facer desaparecer as irregularidades da superficie esmagándoas, e outro, facer un esmerilado ou afiado da mesma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán de Brno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo suízo da Igrexa reformada. Profesor en Zúric e Princenton (EE UU). Influído primeiro por Soren Kierkegaard e Karl Barth, seguiu máis tarde a liña de Martin Heidegger e de Martin Buber. Escribiu un gran número de obras, entre as que destacan Das Gebot und die Ordnungen (O mandato e os preceptos, 1932), Der Mittler (O mediador, 1934), Der Mensch in Widerspruch (O home en contradición, 1937) e Dogmatik (Dogmática, 1946-1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das glándulas situadas no duodeno e dispostas en dúas capas separadas polas musculares mucosae que interveñen na formación do zume intestinal. Son propias dos mamíferos e foron descritas por J. K. Brunner.

    VER O DETALLE DO TERMO