Brunete, Batalla de
Brunete, Batalla de
Acción militar que tivo lugar entre o 5 e o 25 de xullo de 1937 durante a Guerra Civil levada a cabo ao redor da poboación de Brunete (Madrid). Os obxectivos das forzas republicanas eran a sublevación de Madrid e a distracción da ofensiva do norte. Estas forzas, dirixidas polo xeneral Miaja, contaron coa axuda das Brigadas Internacionais. Unha vez rota a fronte o 6 de xullo, Brunete foi ocupada pola división Líster. Refeitas as tropas do goberno de Burgos, coa axuda da lexión Cóndor recuperaron Brunete o 25 de xullo.