"Bia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 440.

  • CIDADES

    Cidade do Lapurdi, País Vasco Francés, no departamento dos Pireneos Atlánticos, á beira do golfo de Bizkaia (28.742 h [1990]). É un centro turístico e estación balnearia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División estratigráfica do Eoceno, con valor de piso (e idade), situado sobre o Luteciano e baixo o Bartoniano. Poderíase considerar equivalente do Bartoniano, quedando en dúbida se é Eoceno Superior ou Medio. O estratotipo, mal escollido, é a costa de Biarritz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Biarritziano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Biarritz.

    2. Natural ou habitante de Biarritz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dúas articulacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía fabricante de aplicacións informáticas, entre as que destaca o programa de edición de audio Peak.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade deportiva que combina a carreira de esquí de fondo co tiro ao branco con arma de fogo e que deriva, probablemente, das antigas competicións europeas. Incluíuse no programa oficial dos VIII Xogos Olímpicos de Inverno celebrados en Squaw Valley (California, EE UU) en 1960 e, dende entón, forma parte da competición olímpica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica o biatlón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dúas aurículas.

    2. Que ten dúas aurículas.

    3. Que une dous puntos auriculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dous eixes.

    2. Aplícase aos cristais que teñen dous eixes ópticos. Os cristais biaxiais teñen que pertencer ás series rómbica, monoclínica ou triclínica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e na Universidade de Sevilla, onde se licenciou en Belas Artes na especialidade de Pintura. Ampliou a súa formación no mosteiro de San Cugat del Vallés (Barcelona) e na Escola de Belas Artes de Perugia (Italia). É profesor de Debuxo na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. A súa actividade abrangueu tamén o campo da escultura. As súas primeiras obras están influenciadas polo Impresionismo e por postsimpresionistas como Vincent Van Gohg ou Cézanne, para ir decantándose máis tarde polo Expresionismo abstracto, en particular polo Action Painting americano. Foi un dos membros, a partir de 1985, do grupo Nome. A súa obra caracterízase polo coidado especial nas texturas e pola continua experimentación na busca do comezo mesmo da pintura e da revisión dos seus principios. Realizou exposicións individuais e colectivas en Santiago de Compostela, Vigo, Bilbao, Segovia e Sevilla. Participou nas mostras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariantes gráficas dos nomes persoais Vivián/Viviana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bibiano Morón Giménez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do voivodat homónimo, Polonia (180.700 h [1996]), constituída no 1950 pola unión das cidades de Bielsko e Biala Krakowskie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Voivodat de Polonia (3.704 km2; 924.000 h [estim 1998]). A capital é Bielsko-Biala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dous labios.

    2. Aplícase ao cáliz ou corola que se divide formando dous labios separados, como é o caso de moitas lamiáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao fonema consonántico articulado mediante o contacto de ambos os dous labios, superior e inferior, que produce unha interrupción total ou parcial da corrente de aire e dá lugar aos sons chamados bilabiais oclusivos ou interruptos, se o contacto é total, ou ben fricativos ou constritivos, se o contacto non é total. En galego rexístranse os seguintes sons bilabiais: oclusivos [p], xordo, (pao, copa) e [b], sonoro, (base, sombra); nasal [m], sonoro, (mapa, amor, álbum); fricativos [β], sonoro, (abella).

    2. Letra ou son bilabial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na Coruña en xullo de 1989. Subtitulouse “Asociación de telespectadores y radioyentes de la Coruña”. Esta publicación pertencía a unha asociación que creou este boletín contra a falta de obxectividade e a manipulación dos medios de comunicación. Baseouse na defensa dos telespectadores e radiooíntes, polo que ofrecía unha clasificación subxectiva das películas segundo a súa calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOAS

    Lagoa de Alcaián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que leva como armas un escudo partido: primeira partición, en campo de azul, con tres flores de lis de prata, postas en pao, e, segunda partición, en campo de azul, cunha onza rampante, ao natural; bordo de ouro. Algúns ostentan, en campo de ouro, tres escudiños de goles, co xefe de prata, mal ordenados. Outros levan, en campo de ouro, cinco bandas de goles; bordo de goles con trece aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO