bilabial
bilabial
(
-
adx
[LING]
Aplícase ao fonema consonántico articulado mediante o contacto de ambos os dous labios, superior e inferior, que produce unha interrupción total ou parcial da corrente de aire e dá lugar aos sons chamados bilabiais oclusivos ou interruptos, se o contacto é total, ou ben fricativos ou constritivos, se o contacto non é total. En galego rexístranse os seguintes sons bilabiais: oclusivos [p], xordo, (pao, copa) e [b], sonoro, (base, sombra); nasal [m], sonoro, (mapa, amor, álbum); fricativos [β], sonoro, (abella).
-
s
f
[LING]
Letra ou son bilabial.