bilámina
bilámina
(
s
f
[FÍS/TECNOL]
Dispositivo constituído por un par de láminas, superpostas e unidas polos extremos, compostas dun metal cun coeficiente de dilatación ben diferente. Ao quentarse, a peza dobra e, ao estar fixo un extremo, o outro desprázase; isto pódese aproveitar para abrir ou pechar un circuíto eléctrico.Emprégase como elemento sensible en certos termómetros, termostatos, etc. Tamén se coñece co nome de lámina bimetálica.