bilateral

bilateral

(

  1. adx

    Que ten dous lados.

  2. adx

    Que se refire ao mesmo tempo a ambos os dous lados ou partes.

    Ex: A patronal e os sindicatos chegaron a un pacto bilateral.

    Antónimos: unilateral.
  3. adx [BOT]

    Aplícase ao órgano que ten dous planos normais de simetría (como as flores das brasicáceas) ou que se dispoñen en dúas fileiras ao longo dun eixe como, por exemplo, as follas do teixo ou as de moitas poáceas.

  4. adx [ZOOL]

    Aplícase ao animal que presenta un ou dous planos de simetría.

  5. adx [DER] Antónimos: unilateral.
    1. Aplícase a todo aquel negocio xurídico no que interveñen dúas partes.

      Ex: Antes do xuízo chegaron a un acordo bilateral.

      Antónimos: unilateral.
    2. Aplícase ao contrato que asigna obrigas a cada unha das dúas partes contratantes, se ben cómpre falar máis propiamente de contrato recíproco ou de obrigas recíprocas.

  6. oposición bilateral [LING]

    Oposición fonemática que se dá entre dous fonemas que teñen características comúns exclusivas respecto do conxunto total do sistema. Por exemplo a oposición existente entre /ɾ/, consoante líquida vibrante simple, (caro) e /r/, consoante líquida vibrante múltiple (carro).