"Bor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 827.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta arborizacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de investigación norteamericano dirixido pola Universidade de Chicago, especialmente dedicado ao desenvolvemento da enerxía nuclear e disciplinas afíns: biomedicina, enerxías alternativas e outras investigacións físicas e químicas.
-
PERSOEIRO
Actor e director cinematográfico. Despois dunha longa carreira como actor, que comezara no teatro, achegouse ao cine grazas a Noel Coward. Destacou na realización de filmes históricos e biográficos como A brigde too Far (Unha ponte moi lonxe, 1977), Gandhi (Gandhi, 1982), Cry Freedom (Berra Liberdade, 1987), Charlie (Charlie, 1992), biografía de Charlie Chaplin, e Shadowlands (Terra de sombras, 1993). A súa película Oh! What a lovely war (Oh, que guerra tan maravillosa!, 1969), está considerada como un dos filmes máis inconformistas da cinematografía británica que causou, na súa estrea, un grande escándalo debido ao ton sarcástico e irónico que empregaban os propios actores ante a contenda bélica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pavel Borisovič Aksel’rod.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte esquerda da embarcación. Define todo o espazo que está situado na esquerda do eixo lonxitudinal do barco, mirando cara á proa. O seu oposto é estribor. Estas denominacións, babor e estribor, empréganse para indicar a posición dun obxecto situado dentro ou fóra da embarcación, así como para dar as ordes ao temoeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte esquerda da embarcación. Define todo o espazo que está situado na esquerda do eixo lonxitudinal do barco, mirando cara á proa. O seu oposto é estribor. Estas denominacións, babor e estribor, empréganse para indicar a posición dun obxecto situado dentro ou fóra da embarcación, así como para dar as ordes ao temoeiro.
-
PERSOEIRO
Escritora. Cultivou diversos xéneros literarios, poesía, prosa e comedias para a radio. Entre a súa obra poética cómpre salientar Die gestundete Zeit (O tempo aprazado, 1953); así mesmo, escribiu Das dreissigste Jahr (O ano trinta, 1961), unha obra en prosa narrativa e a novela Malina (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Tui. Relaciónanse con esta mesma caste os apelidos Balbordo e Balbordeiro. As súas armas levan, en campo de azul, un enxame de abellas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Balbor.
-
-
Ruído de voces que produce confusión.
-
Ruído intenso producido pola tempestade, o vento, o trono, ou outros elementos da natureza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Balbor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Roma en 1913 baixo o nome de Istituto Nazionale di Credito per la Cooperazione. Cambiou a súa denominación en 1927 pola de Banco Nazionale del Lavoro e della Cooperazione e dous anos máis tarde polo actual. En 1939 absorbeu a Banca delle Marche e degli Abruzzi (gran banca rexional).
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico soviético. A súa mellor obra foi a película sonora Okraina (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista alemán. Acadou sona internacional ao gañar en 1985 o Campionato de Wimbledon, no que repetiu vitoria 1986 e 1989. Tamén gañou outros campionatos: o Grand Slam e os Open dos EE UU (Flushing Meadows) en 1989 e de Australia (1991 e 1996). Proclamouse tres veces Campión do Mundo (1988, 1992 e 1995) ao vencer no Masters ‘torneo de mestres’, reservado aos tenistas mellor clasificados ao remate da temporada. Como integrante do equipo alemán obtivo a Copa Davis en 1988 e 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Wisborg. Diplomático sueco, fillo do príncipe Óscar Bernadotte e neto do Rei Óscar II de Suecia. Presentou aos aliados a oferta de capitulación nazi (1945). Desde 1946 foi presidente da Cruz Vermella, en 1948 foi delegado da ONU en Palestina co fin de actuar como mediador entre israelís e árabes. Morreu asasinado polos sionistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador occitano. Unha gran parte das súas corenta poesías conservadas son serventesios políticos escritos con motivo de feitos de armas, xa que o trobador vía na guerra valores de virilidade, honra e beleza, inspirado, en gran parte, pola temática das cancións de xesta. A súa poesía cortés e amorosa é moi persoal; na súa Domma soisseubuda, con vestixios do vello mito de Pandora, imaxina unha dama que reúne en si mesma todas as perfeccións particulares das damas do seu ambiente, cousa que a converteu nun eloxio cortesán colectivo. Consérvase unha das súas obras con notación musical, aínda que tamén foi identificada a melodía doutra por István Frank.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista e diplomático ruso. Como secretario da Emperatriz Catarina II, tomou parte nos acordos secretos co Emperador de Austria Xosé II. No 1787 foi nomeado primeiro mandatario de Asuntos Exteriores, cargo dende o que desenvolveu unha política pacificadora.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor alemán. Realizou estudios no Musikhochschule de Berlín (1924-1926), onde posteriormente exercería como mestre (1948-1970). Na composición de pezas escénicas, destaca a súa ópera Romeo und Julia (Romeo e Xulieta, 1943) e o ballet Tristan (1965); como compositor de música instrumental é relevante a peza Variaciones Paganini (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Xuvencos que é capital municipal e dá nome ao concello de Boborás.
-
GALICIA
Municipio da comarca do Carballiño situado na provincia de Ourense no centro da comunidade autónoma (42° 26’ de latitude N e 8° 08’ 01’’ de lonxitude O). Limita ao N co concello do Irixo, ao L co do Carballiño, ao S cos de Leiro e Avión (ambos na comarca do Ribeiro), e ao O con Beariz (O Carballiño) O. Abrangue unha superficie de 87,8 km 2 , cunha poboación de 3.057 h (2007), distribuídos nas parroquias de Albarellos, Astureses, Brués, Cameixa, Cardelle, Feás, Laxas, Moldes, Moreiras, Pazos de Arenteiro, O Regueiro, Xendive, Xurenzás e Xuvencos. A capital está situada no lugar de Boborás, na parroquia de Xuvencos. está a 94 km ao S de Santiago de Compostela e 36 km ao NO de Ourense Está adscrito á xurisdición do partido xudicial do Carballiño e á provincia e diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo municipal de Boborás está nun espazo de transición entre os dominios climáticos oceánico de montaña e oceánico continental. Situado nun espazo de media...