Becker, Boris
Becker, Boris
Tenista alemán. Acadou sona internacional ao gañar en 1985 o Campionato de Wimbledon, no que repetiu vitoria 1986 e 1989. Tamén gañou outros campionatos: o Grand Slam e os Open dos EE UU (Flushing Meadows) en 1989 e de Australia (1991 e 1996). Proclamouse tres veces Campión do Mundo (1988, 1992 e 1995) ao vencer no Masters ‘torneo de mestres’, reservado aos tenistas mellor clasificados ao remate da temporada. Como integrante do equipo alemán obtivo a Copa Davis en 1988 e 1989.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Leimen