"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
PERSOEIRO
Nobre napolitana, amante de Afonso o Magnánimo, quen a coñeceu no ano 1444. Afagada por diversas personalidades humanistas foi musa de varios poemas. Cando morreu Afonso, adheriuse aos nobres contrarios ao Rei Fernando, fillo daquel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Suecia (1363-1389). Duque de Mecklenburg-Schwerin, fillo do Duque Alberte II. No 1363 derrocou o seu tío Magnus e abrigouno a renunciar a el e o seu fillo Haakon II ao trono sueco no seu favor. Margarida, Raíña de Noruega e viúva de Haakon II, invadiu Suecia e desposuíuno (1389).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOAS
Lagoa litoral de (2.837 ha), ao S da cidade de València, integrada dentro do parque natural da Albufera. Un vello Turia e un primitivo Xúcar -pode que pleistocenos- abandonaban os seus aluvións nuns deltas, hoxe interiores, bastante afastados da beira do mar. Unha vez pechado polo cordón litoral o vello golfo, os materiais en suspensión iniciaron o recheo cun aluvión de arxilas moi fino. A forma actual da Albufera é máis ou menos semicircular, pero nos mapas do s XVlll aparecía máis extensa e alongada. Os reducidos límites actuais son obra humana, efecto dos aterramentos; a superficie de 5.010 ha no 1877 quedou reducida a 3.114 no 1926, cando se fixo a delimitación definitiva e se prohibiron ulteriores recheos. A construción típica é a barraca, construída con lama para o adobe, canas para a cumieira e o teito e canas ou palla de arroz para a cuberta. Os arrozais do contorno da Albufera, dende Alfafar ata Sueca, cobren máis de 10.000 ha. A Albufera e os seus pantanos constituíron posesión...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida en Santiago no ano 1860 dirixida por F. Moreno Astray. Cesou aos tres meses da súa publicación. Redactada por alumnos do Seminario de Santiago, colaboraron nela Xosé Pérez de Villamil, Manuel López Lorenzo, Camilo Pérez, Pedro Blanco, Luís Aguirre del Río, Xosé Castro Pita e Xosé Seijas Galarraga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
acacia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de alcalescente.
-
PERSOEIRO
Pedagogo andaluz. Fundou e dirixiu a revista La Escuela Moderna. Autor, entre outras obras, do Compendio de la Pedagogía, libro de grande influencia e difusión no seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto italiano. Destacou polo uso do método histórico e lingüístico no estudo do Dereito Romano. Escribiu un tratado sobre o emblema, Emblematum libellus (1522).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade das bacterias que, despois de seren tinxidas con colorantes básicos, conservan a cor por ser tratadas con solucións alcólicas diluídas de ácidos fortes.
-
-
Falta de leucocitos.
-
aleucia hemorráxica
-
-
PERSOEIRO
Rei de Grecia (1917-1920), fillo de Constantino I, a quen sucedeu cando foi deposto polos aliados (1917). Nomeou Primeiro Ministro a Venizelos e aprobou a entrada de Grecia na Primeira Guerra Mundial. Polos tratados de Neuilly (1919) con Bulgaria e de Sevres (1920) con Turquía, Grecia aumentou o seu territorio. Mustafá Kemal non aceptou este último tratado e principiou a guerra contra Turquía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alfaza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
epilepsia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia celebrada na cidade de Algeciras, convocada polo Sultán de Marrocos a instancias de Francia e Alemaña, que denunciara as intencións monopolistas francesas sobre a economía marroquina. Estiveron representados Alemaña, Francia, Austria, Hungría, Bélxica, España, os EE UU, Italia, os Países Baixos, Portugal, Suecia e Marrocos. España deixou de lado a Gran Bretaña e Francia, conseguindo o recoñecemento dos seus dominios, o Rif, o control dos portos de Larraix, Tetuán e Tánxer (este compartido con Francia) e a participación na banca estatal marroquí. A ocupación de Casablanca por Francia no 1907 e o posterior establecemento do protectorado (1912) representou a fin dos acordos adoptados.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Murcia, no val de Guadalentín, baixo os contrafortes da Sierra de Espuña (15.318 h [1996]). Agricultura mediterránea. Gandería lanar e porcina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Este nome ten a mesma orixe e significado que o xermánico Adelaida, do que procede a través do antigo nome francés Aalis. A forma francesa antiga Aalis /Aalais latinizouse en Alicia, Alesia e pasou a Inglaterra baixo a forma Alice. Tras un período de esquecemento nos dous países, volveu a pórse de moda grazas á obra de Lewis Carroll Alicia no país das marabillas (1865). Desde aquela é un dos nomes máis espallados no mundo anglosaxón. Esta forma cadra cun dos hipocorísticos ingleses de Elisabeth. A festividade de Alicia celébrase o 23 de xuño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Narración inglesa para nenos de Lewis Carroll, publicada en 1865. A protagonista, durmida contra unha árbore, adéntrase nun mundo de fantasía. A obra é considerada un dos precedentes do superrealismo e do absurdo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise da comida que nutre ou alimenta.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación cultural nada en 1858 editada por Manuel Soto Freire, continuación do Calendario de Galicia. En 1865 pasará a chamarse Almanaque de la juventud elegante y de buen tono para 1865. Colaboraron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Emilia Calé e Clara Corral, xunto con Xoán Cuveiro, López de la Vega, Moreno Astray, Manuel Murguía, Villamil e Castro e outros. Apareceron publicadas El Cadiceño e Las Literatas de Rosalía, Saudades de X. B. Amado e outras obras onde a muller é a protagonista literaria.
VER O DETALLE DO TERMO