Álbum Literario de Galicia
Álbum Literario de Galicia
[PUBLIC]
Revista aparecida en Santiago no ano 1860 dirixida por F. Moreno Astray. Cesou aos tres meses da súa publicación. Redactada por alumnos do Seminario de Santiago, colaboraron nela Xosé Pérez de Villamil, Manuel López Lorenzo, Camilo Pérez, Pedro Blanco, Luís Aguirre del Río, Xosé Castro Pita e Xosé Seijas Galarraga.