Álbum, Letras y Artes

Álbum, Letras y Artes

Publicación de carácter bimestral editada en Madrid e dirixida por Jesús Tablate Miquis. Aparecida no ano 1985, inclúe artigos nos que trata con diferentes ópticas información e estudios sobre pintura, fotografía, arquitectura, decoración, deseño e literatura. Amais, acompañan estes textos abundantes fotografías e serigrafías, reproducións de cadros e de esculturas. Escriben nela, Joaquín Lledó, xefe de redacción da revista, Paco López-Barxas, Ana Rimblas, Joaquín Arnáiz e Federico Echevarría, entre outros moitos. Aínda que a súa difusión se centra en España, esta publicación distribúese en certos países europeos e americanos.