"Cher" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 150.

  • (Berna 1841 - 1917) Médico e cirurxián suízo. Estudiou en Berna, París, Berlín e Londres. Foi o iniciador das tiroidectomías (extirpación da tiroide) e de novos métodos para tratar luxacións, hernias e hemorraxias internas. Traballou tamén sobre alteracións endócrinas e caquexia estrumipriva. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1909 polo seu traballo sobre a glándula tiroides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento cirúrxico para tratar as fracturas das diáfises dos ósos longos. Consiste na colocación dun cravo de aceiro ao longo do miolo do óso para fixar internamente os dous extremos da fractura. Foi introducido polo cirurxián alemán Gerhard Künstcher (1902-1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor belga. Coñecido como Hubert Juin, exerceu o xornalismo nas publicacións Combat, La quinzaine littéraire e Le Monde, e escribiu poesía, novela e ensaio. Das súas obras destacan Poèmes Choisis (1922) e Victor Hugo (1981-1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Francia, situado na rexión administrativa de Centro (6.343 km2; 314.968 h [1999]). A capital é Blois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro austríaco. Por conta de Austria, deseñou armas, especialmente fusís militares e pistolas automáticas que foron empregados polos exércitos alemán, austríaco, romanés ou neerlandés. Tamén alcanzou gran prestixio o seu rifle de caza, con mecanismo de ferrollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Traballou no Instituto Nacional de Investigacións Médicas Mill Hill da Royal Society, na Universidade de Cambridge, no Consello Británico de Investigacións Médicas e nos Laboratorios Abbotsbury onde foi director (1959-1970). En colaboración con Richard L. Synge, desenvolveu a cromatografía de reparto e en colaboración con A. T. James, perfeccionou a cromatografía de gases. En 1952 recibiu, xunto con R. L. Synge, o Premio Nobel de Química por desenvolver diversas técnicas de cromatografía gas-líquido, así como o método de cromatografía de reparto, aplicable a todas as áreas da investigación bioquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Descubriu o fenómeno do isomorfismo (1819), ao observar que os fosfatos e os arseniatos dun mesmo metal poden adquirir a mesma forma cristalina. En 1826 ideou procedementos axeitados para determinar directamente os pesos atómicos dos elementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que establece que as substancias que cristalizan en formas isomórficas, é dicir, que teñen formas cristalinas idénticas e poden producir cristais mixtos, teñen unha composición química semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor alemán. En 1427 encargáronlle un retablo para a catedral de Ulm e en 1437 asinou o contrato do retablo-reliquiario de Wurzach. Afastado do realismo gótico, por influencia flamenga, preocupouse por caricaturizar e popularizar os personaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de G. Terboch, cultivou o tema costumista, que representou no cadro A lección de canto; o mitolóxico, con Ofrenda a Venus; e o retrato, con Guillerme III e Christian Huygens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor austríaco. Fixou o seu obradoiro en Brixen (1467). Realizou numerosos retablos conservados en pequenas igrexas de Tirol como Coroación da Virxe (1471), e en diferentes museos, Os pais da igrexa (1483?).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza percherona.

    2. Cabalo ou egua de raza percherona.

    3. Raza cabalar de tiro, orixinaria da antiga provincia francesa de Perche, que se caracteriza pola súa corpulencia e presenta pelo gris ou negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Alberto Moravia, nos seus primeiros escritos amosou a súa preocupación polas dificultades morais das persoas alienadas na sociedade e que non podían afastarse das circunstancias. Ademais, centrou parte da súa obra na descrición dos vicios inconfesables da sociedade burguesa, cunha visión dos personaxes que resulta fría ao lector e onde amosa as súas debilidades. A súa primeira novela Gli indifferenti (1929), unha das obras máis representativas da narrativa italiana do s XX, amosa o seu estilo austero, deliberadamente monótono, preciso e realista. Tamén escribiu os conxuntos de narracións La bella vita (1935), L’imbroglio (1937) e La villa di venerdi (1990), as novelas neorrealistas Agostino (1944), La romana (1947), La cociaria (1957), La noia (1960), L’automa (1962), Io e lui (1971), La vita interiore (1978), 1934 (1982) e L’uomo che guarda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo e editor musical. Publicou estudos sobre o violín, como Les violinistes (1922), e biografías, como Vivaldi et la musique instrumentale (1948), obra onde estableceu unha catalogación da obra vivaldiana que tivo moita difusión en Francia; e Corelli: His Life, His Work (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático italiano. Discípulo de K. Weierstrass, foi profesor en Palermo, Pavia e Boloña. Creou o cálculo funcional moderno, elaborou a teoría das operacións funcionais distributivas e ideou o concepto de derivada funcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do territorio de Pondicherry, India, situado no golfo de Bengala (203.065 h [1991]). A súa economía baséase na industria téxtil de algodón e a alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de India (492 km2; 973.829 h [2001]). A súa capital é Pondicherry. Situado na costa de Chō ḷ aman ḋ la, a uns 160 km ao S de Madras. Ten cultivos de arroz e oleaxinosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘banco (dos cartos)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   poucheno da ghalleira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •    poucheno da ghalleira.

    VER O DETALLE DO TERMO