"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • Que mata as árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta da subclase das arécidas.

    2. Superclase de plantas da clase das monocotiledóneas á que pertencen as superordes das arecanais e das aranais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor boliviano. Fundou en A Paz o diario Los Debates (1915). Foi embaixador en París, Londres e Madrid, líder do Partido Liberal e ministro (1940). Publicou Pueblo enfermo: contribución a la psicología de los pueblos hispano-americanos (1909-1910). Escribiu novelas como Wata-Wara (1904), reelaborada en Raza de Bronce (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico e doutor en Teoloxía. Foi abade dos mosteiros de Sobrado e Meira. Escribiu Epítome de la vida de la V. Madre Ana de Jesús, discípula de Santa Teresa (1642).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monxe bieito e historiador. Centrou a súa investigación no mosteiro de Samos e na Ribeira Sacra. É autor de diferentes artigos publicados en obras colectivas (El monacato en Galicia, 1972, de Hipólito de Sá Bravo) e revistas; así mesmo, é autor da Novena biográfica del glorioso San Pedro de Mezonzo, autor de la Salve (1942) e da Historia del Real Monasterio de Samos (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome comercial do ácido 1,5-naftalenodisulfónico, intermediario na fabricación de colorantes. Obtense sulfonando o naftaleno con ácido sulfúrico fumegante e separando o isómero 1,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno en virtude do que certas substancias orgánicas cíclicas, das que a composición química ponderal indica insaturación -tales como o benceno e os seus derivados-, posúen un conxunto de propiedades especiais características que as distinguen das substancias alifáticas ou alicíclicas e en particular das olefinas. Estas propiedades son, esencialmente: estabilidade termodinámica elevada, manifestada pola enerxía de resonancia; características espectrais moi distintas das que presentan as olefinas; nun campo magnético, existencia dunha corrente de electróns no ciclo; distancias carbono-carbono intermedias entre as dun simple e un dobre enlace; escasa reactividade química e en particular un gran predominio das reaccións de substitución respecto ás de adición. A aromaticidade ou carácter aromático foi atribuída primeiramente á presenza dun sistema pechado de enlaces dobres conxugados, pero esta tese era inexacta. De feito, a aromaticidade non atopou explicación ata que Erich Hückel desenvolveu...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos Arsácidas.

    2. Membro da dinastía dos Arsácidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía orixinaria de Partia que subtituíu o Imperio Selxúcida no dominio de Irán e Armenia, onde a partir do 54 d C reinou unha rama colateral, destronada polos sasánidas. Considérase que o fundador desta dinastía foi Arsaces (250? a C); así mesmo, Artabán V conseguiu a expulsión dos romanos en tempos do Emperador Macrino (s III d C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido do que se obtén un sal sódico, denominado atoxil, que se emprega en medicina. Tamén recibe o nome de ácido atoxílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos compostos orgánicos arsenicais de fórmula RRf’As(O)OH. O máis coñecido é o ácido cacodílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos compostos orgánicos arsenicais de fórmula RR’AsOH.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos compostos orgánicos arsenicais de fórmula xeral RAsO(OH)2. Algúns forman derivados de aplicacións terapéuticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos compostos orgánicos arsenicais de fórmula RAs(OH)2. Por eliminación de auga dan lugar ás oxoarsinas RAsO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medicamento ou substancia que destrúe as ascárides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Urocordado do xénero Ascidia, que pertence á clase dos ascidiáceos. Abrangue moitas especies similares, todas de forma oval e de cores alaranxadas, que a miúdo aparececen recubertas de area ou de cunchas de molusco. A especie A. mentula, moi frecuente no Atlántico, no Mediterráneo, no Mar do Norte e no Báltico Occidental, vive nos denominados fondos de ascidias, de ata 200 metros de profundidade.

    2. Calquera membro da clase dos ascidiáceos e, máis xeralmente, do subfilo dos urocordados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á clase dos ascidiáceos.

    2. Urocordados da clase dos ascidiáceos.

    3. Clase de urocordados integrada por individuos priocordados, sacciformes, de medidas relativamente grandes (poden chegar a un palmo de longo), mariños, denominados xenericamente ascidias. Teñen o corpo recuberto por unha túnica, lisa ou rugosa formada por unha substancia quimicamente semellante á celulosa denominada tunicina; esta túnica pode presentar incrustacións de toda clase (area, cunchas de moluscos, etc). Presentan dous sifóns, un inhalante, apical, e outro exhalante, máis pequeno e situado lateralmente. As partículas alimentarias capturadas na abertura inhalante quedan retidas na rede mucosa (secretada polo endostilo) e son conducidas polos cilios cara ao estómago. No tubo dixestivo absórbense os nutrintes e os refugallos son expulsados polo ano, situado preto do sifón exhalante. A larva non se alimenta, pero nada durante horas ata que se fixa nalgún obxecto sólido mediante a papila adhesiva; entón sofre unha metamorfose para converterse nun adulto sésil, que vive fixo no substrato....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma semellante a unha saqueta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano dixestivo propio dalgunhas plantas insectívoras (Nepenthes, Sarracenia, etc) que consiste nunha folla transformada, na súa totalidade ou só no pecíolo, nun recipiente máis ou menos cóncavo ou tubular. Este recipiente contén o suco dixestivo, secretado por unhas glándulas especiais, empregado para dixerir os insectos que caen nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos individuos que compoñen as colonias dos ascidiáceos e taliáceos coloniais orixinados por xemación a partir dun oozoide.

    VER O DETALLE DO TERMO