ascidiáceo -a
(
-
adx
Relativo ou pertencente á clase dos ascidiáceos.
-
s
m
[ANIMAL]
Urocordados da clase dos ascidiáceos.
Sinónimos: ascidia. -
s
m pl
[ANIMAL]
Clase de urocordados integrada por individuos priocordados, sacciformes, de medidas relativamente grandes (poden chegar a un palmo de longo), mariños, denominados xenericamente ascidias. Teñen o corpo recuberto por unha túnica, lisa ou rugosa formada por unha substancia quimicamente semellante á celulosa denominada tunicina; esta túnica pode presentar incrustacións de toda clase (area, cunchas de moluscos, etc). Presentan dous sifóns, un inhalante, apical, e outro exhalante, máis pequeno e situado lateralmente. As partículas alimentarias capturadas na abertura inhalante quedan retidas na rede mucosa (secretada polo endostilo) e son conducidas polos cilios cara ao estómago. No tubo dixestivo absórbense os nutrintes e os refugallos son expulsados polo ano, situado preto do sifón exhalante. A larva non se alimenta, pero nada durante horas ata que se fixa nalgún obxecto sólido mediante a papila adhesiva; entón sofre unha metamorfose para converterse nun adulto sésil, que vive fixo no substrato. Case todos son hermafroditas e os máis deles ovíparos. Pódense reproducir sexualmente e asexualmente por xemación; os dous tipos de reprodución pódense presentar ao mesmo tempo ou ben ter lugar unha alternancia de xeracións. Unha mesma especie presenta individuos simples e colonias. Todos os ascidiáceos son mariños; atópanse en profundidades moi variables, pero son máis frecuentes na zona litoral, entre 0 e 400 metros de profundidade.