"DOM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
-
-
Facer dócil unha besta fera ou salvaxe.
-
Facer dócil unha persoa arisca ou difícil.
-
-
PERSOEIRO
Economista polaco. Emigrou aos EE UU, onde traballou no Massachussetts Institute of Technology. Estudiou a problemática da teoría do crecemento económico e a súa compatibilidade co mantemento da plena ocupación. Xunto con Roy F. Harrod, elaborou o modelo de crecemento Harrod-Domar, que contempla o equilibrio a longo prazo en termos keynesianos. Entre as súas obras cómpre salientar Capital Accumulation and the End of Prosperity (A acumulación do capital e a fin da prosperidade, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica mato e a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora do lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XI: “Martin do Mato” (doc ano 1001 en Miguel Romaní Martínez, A Colección diplomática do Mosterio Cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense): (1025-1399), 1990-1993, p 950). Tamén se grafa Do Mato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en San Xoán do Borneiro (Cabana) nunha pequena chaira orientada cara ao interior, no límite coa comarca de Soneira-Xallas. Trátase dunha das antas máis coñecidas de Galicia, mencionada xa por Eduardo Pondal. Escavouse parcialmente entre os veráns de 1987 a 1989 nunha intervención que dirixiu Xosé María Bello Diéguez. Está composto por unha estrutura megalítica de cámara poligonal de grandes dimensións (4,20 x 2,90 m), con sete lousas chantadas e inclinadas cara ao interior e unha de cubrición. O corredor, ben diferenciado, conserva parte do seu alzado (tres laxes a cada lado), da súa cubrición (unha lousa desprazada cara á dereita das chantas) e a lousa de peche; orientado cara ao O, ten unha lonxitude de 4,10 m, unha anchura variable entre os 95 e os 140 cm e unha altura que diminúe a medida que se afasta da cámara principal, que oscila entre os 95 e os 150 cm. O túmulo, duns 24 m de diámetro e 1,80 m de altura, estaba formado por unha masa de terra escura recuberta parcialmente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca de Francia, no departamento de Ain, que se estende entre Saona ao O, Roine ao S e Ain ao L.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jan Henryk Dąbrowski.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jaroslav Dąbrowski.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode domear.
-
-
Torcer unha cousa vencendo a resistencia que fai.
-
Convencer a alguén pouco a pouco para que desista de facer ou de dicir algo.
-
-
PERSOEIRO
Actriz e manipuladora de monicreques. Membro fundador do colectivo de animación á lectura Digolondango e dos grupos de monicreques Boinas Días, Tasel e Cachirulo. Con esta última compañía representou, entre outras obras, A bela e a besta, A Illa do tesouro, A merenda de Gamelón, peza da que tamén é autora, A guerra das Galicsias, ou El-Rei Artur e a abominable dama, da que é coautora xunto a Xurxo Rei e Marilar Aleixandre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación gratuíta editada a partir do 1 de decembro de 1925 na Coruña e subtitulada “Revista mensual”. Dirixida por Horacio Rodríguez, contou coa colaboración de Alberto Insua, Félix Estrada, Xesús Carro García, Anxo do Castillo, Xoán Rof Codina, Ramón Fernández Mato, Luís L. Riobóo, Manuel Ortiz e Antón Villar Ponte, entre outros. Nos seus artigos incluíu información propagandística da casa patrocinadora, pasatempos e novas referidas a temas de Galicia e Hispanoamérica. Na súa sección “Figuras del Parnaso gallego”, inseríronse biobibliografías de Aurelio Aguirre e Manuel Lugrís Freire, así como diversos poemas. Xunto coas edicións normais publicou números extraordinarios, como o aparecido en xullo de 1926, referido de forma íntegra a Galicia e subtitulado “Fiestas de verano en Galicia”, no que contaba coa colaboración de Ramón Otero Pedrayo, Enrique Hervada e Narciso Correal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De formación autodidacta, trasladouse a Suíza en 1919, onde coñeceu o construtivismo. Participou nas mostras do Novembergruppe en Berlín (1923) e adheriuse a De Stijl en 1924. Como neoplasticista, engadiu a liña diagonal en 1925. Experimentou con materiais diversos e realizou fotomontaxes. Colaborou en Abstraction-Création, Cercle et Carré e Plastique.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico e escritor. Exerceu o xornalismo en El Sol, participou en política dende 1931 e despois da Guerra Civil exiliouse a México. Escribiu Las interrogaciones del silencio (1918), La corporeidad de lo abstracto (1929), La túnica de Neso (1929) e Dédalo (1931-1932). Como estudoso fixo unha Antología de la poesía lírica española (1934) e como crítico Crónicas de Gerardo Rivera (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto (1881) e doutor en Ciencias Exactas. Foi catedrático de Xeodesia (1888) e de Xeometría Descritiva (1895) na Universitat de Barcelona. Empregou elementos modificados dos estilos clásicos e creou un estilo propio ben aceptado polos ambientes oficiais. Entre as súas obras destacan os edificios da Acadèmia de Ciències (1893), o Palau de Justícia (1885-1908) con Enric Sagnier, a Presó Model (1904) con Salvador Vinyals, o Observatori Fabra (1906), a sede de Catalana de Gas (1908) e o convento das carmelitas, todos eles en Barcelona. Presidiu a Acadèmia de Ciències i Arts e escribiu Tratado de geometría descriptiva e El modernismo arquitectónico (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico e historiador de arte. Estudiou dereito e belas artes en València, onde foi profesor de historia da arte na Escola de Belles Arts. Foi profesor da Escuela Especial de Pintura de Madrid e en 1913 nomeárono director do Museo Nacional de Artes Industriales y Decorativas de Madrid. Dirixiu a Biblioteca de Arte Español e publicou, entre outros traballos, Sorolla, su vida y su arte (1909) e El nacionalismo en arte: notas sobre la vida contemporánea (1928). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, fillo de Josep Doménech i Estapà. Arquitecto do ministerio de Instrución Pública (1917), realizou diversos edificios escolares. En Barcelona levantou os almacéns El Águila, a Caixa Mútua Popular de Barcelona e a igrexa de Santa Tereseta. Foi arquitecto municipal de Sant Celoni, onde realizou a casa do concello, o ateneo e o matadoiro. Escribiu, entre outras obras, La casa: como se costea y edifica una vivienda (1923) e ABC del propietario: adquisición, reparación y explotación de fincas urbanas (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, historiador e político. Estudiou en Barcelona e na Escuela de Arquitectura de Madrid, onde se titulou en 1873. Foi catedrático de Composición e de Proxectos da Escola d’Arquitectura de Barcelona (1875) e director da mesma dende 1901. Para a Exposición Universal de Barcelona de 1888 construíu o restaurante do parque da Ciutadella, coñecido co nome popular de Castell dels Tres Dragons e convertido no Museu de Zoologia, no que se adiantou á arquitectura do seu tempo ao empregar o ladrillo de cara vista e os tirantes de ferro. Terminada a exposición, estableceu alí un taller de perfeccionamento das artes decorativas aplicadas á arquitectura. Construíu outros edificios monumentais, feitos de ladrillo, ferro forxado e decorados con cerámica polícroma vernizada, con abundancia de temas florais como, a casa Thomas (1899), o Palau de la Música Catalana (1905-1908), a casa Albert Lleó e Morera (1905), a casa Fuster (1908) e o gran conxunto monumental do novo Hospital de Sant Pau (1902-1912),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, fillo e colaborador de Lluís Domènech i Montaner. Foi catedrático da Escola d’Arquitectura de Barcelona (1920-1950). Arquitecto director da Exposición Internacional de Barcelona de 1929, foi coautor do Palau Nacional e do estadio de Montjuïc.
VER O DETALLE DO TERMO