"Deiro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 188.

    1. Relativo ou pertencente ao gando.

      1. Propietario de gando.

      2. Persoa que comercia con gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado dun corpo de infantería especial que apareceu nos exércitos europeos desde o s XVII. Caracterizábanse polo emprego de granadas de man contra a artillería inimiga. Distribuíase en compañías, asignadas aos distintos batallóns de infantería, que pelexaban en primeira liña. Posteriormente, transformáronse en tropas de asalto, dotadas de armas lixeiras e bombas de man, coa misión de atacar as posicións inimigas antes da chegada da infantería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é bastante grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que recibe unha herdanza, integramente ou en parte, por disposición testamentaria ou legal, a título universal (dereitos ou bens). Se concorren dous herdeiros ou máis, declárase herdeiro a quen ten todos os dereitos ou partes alícuotas. O herdeiro a título universal é diferente do legatario, que o é a título particular ou singular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de rock galego que se deu a coñecer polas súas colaboracións no programa da TVG Xabarín Club. Destacan os seus discos A Cuadrilla de Pepa a Loba (1992), Está que te cajas (1995), Erecsiones Munisipales (1999), o directo All right Chicago (gravado na festa da Dorna de Ribeira, 2000) e Recambios Tucho (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen hospeda.

    2. Persoa encargada dunha hospedaxe.

    3. Animal ou vexetal sobre o que vive un parasito, un comensal ou un epífito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Aliñación montañosa do macizo de Manzaneda. Esténdese en dirección NO-SL polas parroquias de Requeixo   (Chandrexa de Queixa), Pradoalbar, San Mamede de Hedrada e Sabuguido (Vilariño de Conso). Erguidos sobre unha litoloxía alternante de cuarcitas, granitos, xistos e lousa, presentan testemuños de actividade glaciar cuaternaria. Cunha altitude media superior aos 1.500 m, culmina nos 1.705 m do Seixo, no extremo setentrional da unidade. Polo seu interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico, foron declarados Parque Natural o 5 de xuño de 1997. Os queirogais nas abas, os bosques de ribeira e os soutos nas beiras dos ríos e os pasteiros nos cumios, forman, xunto coas plantacións de piñeirais, a cobertura vexetal deste espacio, situado no límite das rexións eurosiberiana e mediterránea. En época romana houbo explotacións auríferas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escudeiro portugués. Pertenceu á liñaxe de Maia. Nas rúbricas atributivas do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, aparece co título de “escudeyro”. Figura en Livros de Linhagens como “Johan Estevez de Gaia”, fillo de Estevan Anes e de Tareyia Migees, neto de Johan Anes. Aparece documentado nunha doazón (1287) e nunha herdanza (1319). Activo no último cuarto do s XIII e primeira metade do XIV (1287-1319?) na corte do conde de Barcelos, relacionouse con trobadores como Estevan da Guarda e Johan Fernandez d’Ardeleiro. A xulgar polas referencias históricas contidas nas súas cantigas, debeu estar en Lisboa desde finais do s XIII. Consérvanse 7 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 4 cantigas de amor e 3 escarnios persoais, que se caracterizan pola súa variedade de formas métricas, estróficas e rítmicas, e polo emprego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe do Entroido propio de Mugares (Toén), con cinto de chocallos, unha pel de animal sobre o lombo e un mallo, e que gozan dos mesmos privilexios ca os cigarróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se atopa ao lado.

    2. Que está inclinado cara a un lado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: lardudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pino baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten por oficio lavar a roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: levadío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que linda con algo.

    2. Banda de terra sen cultivar que bordea unha propiedade e que serve para separala doutra.

    3. Prado de secaño onde se alinda o gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte (1.200 m alt) situado na parroquia de Padornelo (Pedrafita do Cebreiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar cheo de lodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pol, no concello homónimo. O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, un papagaio da súa cor, perchado de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO