Invernadeiro, Parque natural do
Aliñación montañosa do macizo de Manzaneda. Esténdese en dirección NO-SL polas parroquias de Requeixo (Chandrexa de Queixa), Pradoalbar, San Mamede de Hedrada e Sabuguido (Vilariño de Conso). Erguidos sobre unha litoloxía alternante de cuarcitas, granitos, xistos e lousa, presentan testemuños de actividade glaciar cuaternaria. Cunha altitude media superior aos 1.500 m, culmina nos 1.705 m do Seixo, no extremo setentrional da unidade. Polo seu interese xeolóxico, ecolóxico e paisaxístico, foron declarados Parque Natural o 5 de xuño de 1997. Os queirogais nas abas, os bosques de ribeira e os soutos nas beiras dos ríos e os pasteiros nos cumios, forman, xunto coas plantacións de piñeirais, a cobertura vexetal deste espacio, situado no límite das rexións eurosiberiana e mediterránea. En época romana houbo explotacións auríferas.