"EAC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 135.

  • Acción e efecto de procrear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás proteáceas.

    2. Planta da familia das proteáceas.

    3. Familia de árbores ou arbustos, da orde das proteais, con follas simples e duras,hermafroditas ou unisexuais, e froito disposto en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motor aeronáutico de propulsión por reacción de tipo atmosférico no que a combustión ten lugar dunha maneira intermitente a unha frecuencia duns 200 a 300 ciclos por segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Forza que nun sistema físico se opón á que é responsable dun cambio do estado de repouso e movemento do sistema.

      2. Conxunto de manifestacións que xorden ante unha situación determinada que procuran a miúdo o establecemento dunha realidade diferente.

      3. Actitude diante dunha situación político-social, relixiosa ou artístico-cultural progresiva, renovadora ou incluso revolucionaria.

      4. reacción de dexeneración

        Conxunto de modificacións electrofisiolóxicas determinadas por unha lesión das neuronas periféricas.

      5. reacción inmunolóxica/de adaptación

        síndrome de adaptación.

      1. Provocación de fenómenos biolóxicos no organismo como medio diagnóstico.

      2. Cambio que se produce no organismo debido a unha alteración no medio.

      3. reacción da benzidina

        Reacción química usada para investigar a presenza de sangue nun conduto biolóxico.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe de estado que tivo lugar o 9 de termidor do ano II (27 de xullo de 1794) na Francia revolucionaria. Os moderados provocaron a caída de Maximilien de Robespierre, feito que significou a fin do Terror (1793-1794) e do dominio xacobino na Convención Nacional e puxo o proceso revolucionario en mans dos elementos moderados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Responder ou manifestar unha determinada reacción ante un estímulo.

    2. Experimentar un cambio por acción dun reactivo.

    3. Tomar parte nunha reacción química.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha reacción de tipo regresivo, tradicionalista ou conservador.

    2. Partidario ou seguidor dunha reacción deste tipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina ou movemento propio dunha reacción de tipo regresivo, tradicionalista ou conservador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación para poñer en marcha un motor foguete despois de consumir parcialmente a súa carga de propegol que ten aplicación en operacións de guiado e manobra no espazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compoñente imaxinaria da impedancia nun circuíto de corrente alterna que pode ser capacitiva (debida a unha capacidade C e que vale Xc = 1/jùC)) ou indutiva (debida a unha autoindución L que vale X2 = jùL).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que participa estequiometricamente nunha reacción, tanto os reactivos iniciais como os produtos finais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de reactivar ou reactivarse.

    2. Reaparición dos síntomas dunha enfermidade que semellaba extinguida pola influencia dunha medicación específica.

    3. recuperación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Activar(se) algo de novo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de reactivo.

    2. Maneira de comportarse un órgano ou un individuo en presenza dunha agresión.

    3. Magnitude adimensional que, nun reactor nuclear, expresa, relativamente no factor de multiplicación efectiva, K ef , o exceso (ou defecto) deste factor respecto a 1. Formalmente, represéntase por


      FORMULA
      Cando é negativa recibe o nome de antirreactividade.

    4. Poder ou capacidade de reaccionar.

    5. Operación sintética que consiste na modificación reversible, dun grupo funcional, para que o composto resultante presente nun ou máis átomos de carbono, unha reactividade oposta á do composto orixinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten capacidade de reaccionar.

      2. Substancia que, pola súa capacidade de participar en determinadas reaccións, se usa para detectar, examinar ou medir outras substancias.

      3. Substancia que participa estequiometricamente nunha reacción química para orixinar uns produtos.

      1. Aplícase ao circuíto con reactancia.

      2. Aplícase á magnitude que, en corrente alterna, non corresponde apenas á potencial real.

    1. Aplícase á substancia que produce unha reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Motor de reacción que consome o osíxeno do aire como comburente e que funciona por reacción directa, sen accionar apenas hélice.

      2. Avión impulsado por un ou máis motores de reacción.

      1. Recipiente en que se efectúa industrialmente unha reacción química.

      2. Matraz que ten distintas bocas, de diferentes diámetros, para poderlle ser incorporados aparatos, como un axitador, un termómetro, un refrixerante ou un funil de adición, para poder levar a cabo reaccións.

      3. reactor nuclear

        Dispositivo deseñado para producir, de maneira controlada, unha reacción nuclear, de fisión ou de fusión, co fin de aproveitar a enerxía ou a radiación liberada, e que é o compoñente esencial dunha central nuclear. Distínguense dous tipos básicos de reactores: os de neutróns lentos e os de neutróns rápidos. Os reactores de neutróns lentos utilizan como combustible nuclear o uranio natural, ou ben uranio enriquecido. Unha vez utilizado o combustible, cómpre procesalo e almacenar os residuos radioactivos. Este tipo de reactor ha de incluír un moderador, que emprega auga, auga pesada ou grafito. O combustible e o moderador son os elementos esenciais do núcleo do reactor, que xeralmente non é máis ca unha ringleira de barras de combustible que penetran en cadanseu orificio feito no moderador. A enerxía liberada no núcleo do reactor extráese mediante un fluído, o caloportador, que transporta a enerxía, en forma de calor, ata un intercambiador de calor, que a miúdo é un xerador de vapor....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de recrear ou recrearse en algo agradable.

    2. Diversión para o descanso do traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de recrear algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de carbonilación de fenois que se leva a cabo refluíndo solucións alcalinas de fenois en cloroformo, dando lugar a o-hidroxibenzaldehidos.

    VER O DETALLE DO TERMO