reactor
(< ingl reactor)
-
s
m
[AERON]
-
Motor de reacción que consome o osíxeno do aire como comburente e que funciona por reacción directa, sen accionar apenas hélice.
-
Avión impulsado por un ou máis motores de reacción.
-
-
-
s
m
[QUÍM]
Recipiente en que se efectúa industrialmente unha reacción química.
-
s
m
[QUÍM]
Matraz que ten distintas bocas, de diferentes diámetros, para poderlle ser incorporados aparatos, como un axitador, un termómetro, un refrixerante ou un funil de adición, para poder levar a cabo reaccións.
-
reactor nuclear
[FÍS]
Dispositivo deseñado para producir, de maneira controlada, unha reacción nuclear, de fisión ou de fusión, co fin de aproveitar a enerxía ou a radiación liberada, e que é o compoñente esencial dunha central nuclear. Distínguense dous tipos básicos de reactores: os de neutróns lentos e os de neutróns rápidos. Os reactores de neutróns lentos utilizan como combustible nuclear o uranio natural, ou ben uranio enriquecido. Unha vez utilizado o combustible, cómpre procesalo e almacenar os residuos radioactivos. Este tipo de reactor ha de incluír un moderador, que emprega auga, auga pesada ou grafito. O combustible e o moderador son os elementos esenciais do núcleo do reactor, que xeralmente non é máis ca unha ringleira de barras de combustible que penetran en cadanseu orificio feito no moderador. A enerxía liberada no núcleo do reactor extráese mediante un fluído, o caloportador, que transporta a enerxía, en forma de calor, ata un intercambiador de calor, que a miúdo é un xerador de vapor. Cómpre distinguir, en todo reactor, o circuíto primario, que é o circuíto que recorre o polo caloportador, e o circuíto secundario, que é o realizado polo circuíto que transporta a enerxía ata o transformador de enerxía. O conxunto formado polo reactor, o circuíto primario e o intercambiador de calor denomínase caldeira nuclear. No núcleo orixínanse radiacións, polo que é imprescindible tomar medidas de protección do persoal con medidas de blindaxe e tamén reducir ao mínimo o risco de contaminación radioactiva, o que se realiza a base de aceiro e formigón no vaso, o edificio de contención e o casco. Os reactores de neutróns rápidos utilizan como combustible o 238 U e o 239 Pu, o que fai innecesario o moderador. O seu caloportador adoita ser o sodio líquido. En todo reactor o rendemento máximo acádase cando é máxima a temperatura do caloportador, o que fixo desenvolver os reactores de alta temperatura. Distínguense diversas familias habituais de reactores segundo os criterios escollidos para a clasificación, dos que o máis empregado é o que os clasifica segundo o caloportador empregado: os PWR (Presurized Water Reactor, ‘reactor de auga a presión’) en que o combustible é uranio enriquecido, o moderador é auga e o caloportador é auga a presión; os BWR (Boiling Water Reactor, ‘reactor de auga fervente’) en que o combustible é uranio enriquecido, o moderador é auga e o caloportador é auga en ebulición; unha modificación deste é o LWGR (Light Water Graphite Reactor, ‘reactor de auga e grafito’); os GCR (Gas Cooled Reactor, ‘reactor de gas frío’) en que o combustible é uranio natural, o moderador é grafito e o caloportador é dióxido de carbono; modificacións deste son o AGR (Advanced Gas Reactor, ‘reactor de gas avanzado’) e o HTGR (High Temperature Gas Reactor, ‘reactor de gas a alta temperatura’); os HWR (Heavy Water Reactor, ‘reactor de auga pesada’) en que o combustible é uranio natural, e o moderador e caloportador é auga pesada; son modificacións os PHWR (Pressurized Heavy Water Reactor, ‘reactor de auga pesada a presión’). Os reactores piscina consisten nunha rede de barras de combustible somerxidas nun recipiente aberto (vaso aberto), cheo de auga, que fai de moderador, caloportador e blindaxe. Son reactores homoxéneos aqueles en que combustible e moderador están intimamente unidos en forma de disolución, e reactores heteroxéneos aqueles en que o combustible está en forma de barras, esferas ou placas introducido no seo do moderador. O primeiro reactor nuclear foi posto en marcha por E. Fermi e os seus colaboradores, na Universidade de Chicago, en 1942.
-
s
m
[QUÍM]